Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
España, Austria y la identidad
¡BUONE VISIONI!
Desde que se estreou “Tiburón” (1975) de Steven Spielberg, na época estival os cinemas adoitan encherse de películas de terror. Ao igual, este ano a carteleira está ocupada por varios títulos de cine de xénero e máis serán os que se estrearán nas próximas semanas. Ata agora xa pudimos contar con bos títulos como “Hokum” do cineasta irlandés Damian McCarthy, por “Backrooms” de Kane Parsons e por suposto polo filme “Obsesión” de Curry Barker. Os directores destes filmes, así como algúns dos cineastas que foron os protagonistas do terror estival do ano pasado, como os irmáns Philippou, teñen algo en común e que vai máis aló do talento ou da paixón polo cine de xenero. A maioría destes novos cineastas foron anteriormente creadores de contido de YouTube e utilizaron as súas bases de seguidores e os seus coñecementos audiovisuais para triunfar na gran pantalla.
“Obsesión” é oficialmente o debut na dirección de Curry Barker, aínda que o director xa firmara películas de baixo orzamento como Milk & Serial, e outras pezas independentes a través do seu canal de YouTube “That’s a Bad Idea”.
“Obsesión” é un romance terrorífico con tinguiduras sobrenaturais e un abundante dose de humor negro
“Obsesión” é un romance terrorífico con tinguiduras sobrenaturais e un abundante dose de humor negro. Pero a nivel argumental o filme é unha reflexión bastante seria sobre as relacións tóxicas. A película preséntanos a un mozo, Oso, que vive traxicamente un amor platónico por unha súa amiga de toda a vida, Niki. Este anhelo romántico desesperado, vai desencadear un feitizo sinistro. Por cumprirse un desexo en circunstancias que non vou revelar, Niki volverase irracionalmente obsesiva con Oso, e a relación deles converterase nun perturbador pesadelo...
Un dos méritos deste filme é que ten as ideas moi claras e transmíteas a través dunha estética sobria, con poucas localizacións moi coidadas e onde se moven case sempre os mesmos personaxes. A aposta por actores case descoñecidos ao gran público como Inde Navarrette ou Michael Johnston, resulta ser outra aposta gañadora. Cada un dos personaxes está bastante ben caracterizado pero sen chegar a converterse nunha caricatura. Obviamente o filme está repleto de situación absurdas, extremas, pero o director aposta pola sinxeleza. Moi lonxe de ser pretensioso, consegue facernos parecer verosímil e universal este pequeno mundo e as situacións cotiás e moi universais que viven os seus protagonistas.
De alí o amor convértese en posesión e codependencia, algo que está moi ben relatado na película
“Obsesión” é unha película que reverte os valores das películas sobre os amores adolescentes dos anos noventa e resulta eficazmente perturbadora. Demole o personaxe protagonista, presentándoo inicialmente como un “bo mozo”, merecedor de afecto, pero que non dubida a utilizar un feitizo para anular o libre albedrío da persoa amada. De alí o amor convértese en posesión e codependencia, algo que está moi ben relatado na película. O filme disecciona o vocabulario máis común das parellas e calquera frase, aínda a máis inocente, acaba asumindo un ton sombrío.
Sen dúbida “Obsesión” é unha das propostas do cinema de terror deste ano. Podédela desfrutar, talvez en parella, nos cinemas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
España, Austria y la identidad
Manuel Orío
RECORTES
Batir todos los récords
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Obsesión
Manuel Orío
Recortes
Batir todos los récords
Lo último