Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
En ocasións vexo mortos, dicía aquel neno nunha película, e tamén Melendi nunha das súas cancións. Eu teño ocasións nas que non vexo nada e, non obstante, todo pasa. Tamén é verdade que moitas veces vexo de todo; desde unha cegoña aterrando no campanario da igrexa de Baños de Molgas ata un saltón choutando polos lameiros do Río Vello.
Por ver ata vexo conciencias que non se alteran e sementes de tristeza esvarando polas meixelas. Vexo beizos aproximándose ós bicos do peito e vexo historias nunha simple tatuaxe. Vexo como se cerra o círculo da circunferencia e as sete cores do arco da vella.
Por ver ata vexo conciencias que non se alteran e sementes de tristeza esvarando polas meixelas
Eu tamén vexo mortos; os que se foron e algúns que aínda están vivos, pero que semellan máis que mortos. Vexo un ceo azul con tan só unha nube branca e un lobo ouleando desde os outeiros dun peito. Vexo un poema que non ten fin e unha esperanza que non se perde. Vexo correr as troitas polo río Arnoia e nadar as rulas na presa do Segundo. Vin como o sábado lle deu paso ó domingo e como este lle dará permiso para entrar nas nosas vidas ó luns. Vexo fútbol nunha pista de tenis e os chourizos de cebola colgando dunha lareira.
O neno da película e Melendi viron mortos. Eu vexo vivos que, por veces, buscan a morte. Vexo vivos que soben e baixan, que entran e saen, que buscan e atopan, que falan e calan, que corren e quedan quietos. Vivos que viven en si mesmos e, uns poucos, que viven para os demais. Vin un principio e vexo un final. Este final.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ahorro ourensano, ¿economía saneada o estancada?
Lo último
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero
VISITA DE TRUMP A CHINA
La tregua de la guerra en Irán, en un punto crítico mientras siguen los contactos