Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
DÍA DE GALICIA
Hoxe é un día grande para todas as galegas e galegos, e nomeadamente para a ciudadanía de Ourense. Por iso quero dirixirme á veciñanza nestas verbas que en todo caso é imposible que recollan a inmensidade do que nos ofrece Ourense, do que nos ofrece Galicia, e sobre todo do que aínda nos ten que ofrecer.
Esta provincia fixo moito por Galicia. E ségueo facendo. E detrás de todo, estades vós, que cada día facedes provincia
Non é sinxelo falar de Ourense nun par de paráfragos. Moito menos de Galicia no seu conxunto. Pero si é posible falar de identidade, falar de orgullo e resumir así o que debería ser o sentir común por este Día de Galicia que hoxe se conmemora en cada un dos recunchos desta comunidade autónoma.
Ourense é orgullo de identidade galega. Si, como tamén todas esas ‘Galicias’ exteriores, esas ‘Galicias’ que fixeron os que un día tiveron que marchar. Pero como presidente da Deputación de Ourense e sobre todo como ourensán, permitídeme neste espazo sacar peito de Ourense como motor, como gran contribuidor desa identidade galega.
Esta provincia fixo moito por Galicia. E ségueo facendo. E detrás de todo estades vós, que cada día facedes provincia. Facedes provincia co voso esforzo, coas vosas mans, coa vosa mera elección de vida, con esa elección que implica asentarse nun territorio como é Ourense e apostar polo voso futuro aquí. Grazas pola vosa elección.
En Ourense temos unha identidade galega marcada pola cultura. Cultura que non se entende sen aquela nomeada Atenas de Galicia, sen ese Ourense do que brotou a semente de intelectuais e sabedores que deixaron pegada. Pegada que nos fai únicos e que non está de máis lembrar.
Identidade galega trazada por camiños diversos, como os xacobeos, precisamente ligados á orixe deste Día de Galicia que coincide coa celebración do apóstolo Santiago. Pero isto vai máis alá de crenzas relixiosas ou de ideas políticas. Porque Galicia non é de ninguén. Non hai unha soa Galicia, hai unha Galicia diversa. Unha Galicia de todos. E por eses camiños, diversos, como a fermosa Vía da Prata ourensá, debemos seguir transitando. Camiños de encontro, de diálogo, de bo facer. Camiños nos que practicar a empatía e o respecto, valores que tanto precisamos na sociedade actual e en ámbitos que me tocan de cheo como é a política.
Tamén as paisaxes son identidade. Ribeira Sacra só hai unha, termalismo como o de Ourense non se atopa en ningures. Patrimonio espallado en forma de igrexas, monasterios, monumentos... Todo isto converte á provincia de Ourense nun escaparate perfecto, de película.
Pero este escaparate natural tamén axuda a conformar esa identidade galega, esa identidade que nos sitúa no mapa e que fai que nos coñezan por todas esas cousas boas que temos que ofrecer. Por eses paisaxes. Así que para quen queira achegarse a esta a nosa Galicia, eu anímoo a facelo dende Ourense. Unha provincia na que atoparán paisaxes fermosos, boa gastronomía, patrimonio e a hospitalidade das nosas xentes.
Porque o Día de Galicia, porque non?, tamén é unha gran oportunidade para presumir de territorio e para presumir da boa xente que atopará o viaxeiro que nos elixa como destino. Galicia, Ourense. Un territorio que hoxe, coma os 365 días do ano, enorgullécese de identidade propia.
Pola parte que me toca, seguirei traballando para que este Ourense e esta Galicia que construíron os nosos antepasados e que hoxe mantemos grazas ás nosas xentes, siga sendo unha Galicia da que sentirse orgullosos. Galicia non merece menos. Ourense, tampouco.
Feliz Día de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último