José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
O perdón dos pecados
TRIBUNA
Aínda que expresións do tipo “poñerlle unha vela a Deus e outra ó diaño” ou “trala cruz está o demo” figuran no refraneiro popular desde antigo, non deixa de chamar a atención que nun lugar coma o mosteiro de Celanova se chegase a invocar ó anxo caído, e máis aínda que o protagonista de tal pregaria fose un monxe.
O primeiro en divulgar esta historia foi o polifacético arquiveiro Bernardo Barreiro, coñecido autor de varios estudos sobre a Inquisición galega, algúns deles inéditos. Curiosamente, recolleuna na súa obra “Efemérides del Reino de Galicia”, publicada en 1877, elevando así este episodio á categoría de feito digno de lembranza “efemérica”. Así relata Barreiro o sucedido na data correspondente ó 26 de maio de 1622 -aínda que a data correcta sería o 22 de maio-: “Delátase a sí mismo en la visita, Fray Gregorio Carnero, del monasterio de Celanova, joven de 18 años, confesando haber hecho una cédula firmada con su sangre, entregándose al demonio por conseguir un torpe deseo, y que estuviera por espacio de 24 horas invocándole con dicha cédula en la mano, esperando que acudiera”.
Malia que o historiador compostelán non afonda nos detalles do caso, a confesión de Gregorio Carnero que se conserva no Arquivo Histórico Nacional (Inquisición, 2042, exp.60) revela claramente que o “torpe desexo” que levou a este novísimo freire a querer pactar co maligno, non foi outro que o de satisfacer o seu apetito carnal. Segundo a súa propia confesión ante o inquisidor, “habría un mes estando en su çelda, a solas, pensando como podría hablar a cierta muger para ofender a Dios con ella, propuso de encomendarse al diablo para el dicho efecto y hacerse su esclavo y que para ello hizo y escribió una çédula que decía (...) me doy por esclavo del demonio con condiçión que me ha de hacer que goçe y alcançe a fulana. Y que lo firmó con su sangre”. E así estivo 24 horas, invocando un par de veces ó demo para “darle la cédula y convenir con el en raçón de alcançar la dicha muger (...) y pasadas las 24 horas volvió en sí, conoçiendo el engaño y error en que había dado y deseando aquel pensamiento se fue a confesar”.
Máis aló do seu ton case novelesco, este episodio lévanos a facernos una serie de preguntas que, desgraciadamente, han de quedar sen resposta: Quen sería aquela muller? Onde e como a coñeceu? Era este desexo froito dun amor real ou unha pulsión primaveral? Coñecía aquela muller os sentimentos deste freire? Sentiría algo semellante? Quen sabe!
Aínda que o caso pode levarnos a esbozar un sorriso, o que realmente se esconde tras este relato vai moito máis aló. En primeiro lugar, reflexa a mentalidade da época, onde a posibilidade de pactar co demo formaba parte do imaxinario colectivo. En segundo lugar, presenta o conflito interno dun mozo de apenas dezaoito anos, atrapado entre os seus impulsos naturais e as esixencias dunha vida monástica rigorosa. Por último, esta historia lévanos a lembrar que, tras os documentos históricos, agóchanse vidas reais, persoas cheas de dúbidas, medos e desexos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
O perdón dos pecados
Julia Navarro
“Mi” Semana Santa
Pablo Sánchez Martínez
TRIBUNA
Un pacto co demo no mosteiro de Celanova
Fernando Ramos
Los malos modos de Patxi López
Lo último
PROCESIÓN POSTERIOR
La Catedral revive el gesto más humilde del Jueves Santo: el Lavatorio de Pies
2.000 EUROS MENSUALES
El BNG insiste, las cuentas de Porqueira no cuadran
SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio