Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Mi madre y el cuco, y otras aves
Ata o de agora non me tiña feito eco dela porque cando lla escoite fíxeno no contexto de confidencialidade dunha mesa de tres e ó non terlle pedido permiso, loxicamente, mantiven o "off the record" de rigor.
Agora, sen embargo, permítome reproducila porque a última vez que estivo en Ourense, hai poucas semanas, el mesmo a relatou no ámbito público dunha conferencia. Velaí vai, pois.
O relator -un dos protagonistas- era o xornalista ourensán Alfonso S. Palomares, todo poderoso presidente, entón, da Agencia EFE. O segundo, outro ourensán con máis poder mediático se cabe, Mario Vázquez Raña, presidente de infinitas cousas e propietario daquela da Agencia UPI.
Segundo conta Sobrado Palomares, un día de inverno recibiu no seu despacho unha chamada de Mario Vázquez Raña dende París, informándoo de que ía ir a Avión, a unha matanza (do porco) e que se non tiña moitas ocupacións, recollíao en Barajas e pasaban a fin de semana a carón da serra do Suído. E así foi. No tempo no que Palomares tivo vagar de chegar a Barajas, Vázquez Raña aterrou o seu jet e recolleuno para seguir camiño de Vigo co fin de non chegaren con demora ó festín etnográfico do marrau.
Logo do ritual decidiron explorar os planaltos da serra e alá marcharon os dous nun todo terreo que Vázquez Raña conducía -seica- coma se andase polas circunvalacións do Distrito Federal, ata que un penedo ou unha fonda gavilla -non sei- deron cabo da dirección do vehículo e a piques estiveron de proporcionarlles un susto maior. Entón o galego-mexicano, sen perder o humor, díxolle: "Imaxinas os titulares de mañá? O presidente de EFE e o presidente de UPI perecen nun accidente por asistir á matanza dun porco".
Non sei canta xente da información dependía naquel intre destes dous homes, pero abofé que varias ducias de milleiros, de ducias de países.
Estes días todos andamos pendentes deses mesmos escenarios de Avión porque o seu irmán (e rival, seica) Olegario colleu o san costume de convidar ós seus millonarios amigos á celebración do aniversario da súa esposa nese recanto escondido da Galicia rural e paradigma precisamente da cara amable da emigración.
E digo eu, con tanto multimillonario por centímetro cadrado arredor dunha mesa ben servida, ben regada e conversada, non se lle había ocorrer a alguén (ó presidente da Xunta, poño por caso) pedir un brinde por esta terra de acollida, que viñese dar en realidade nun pacto económico por Galicia?
Pois ben. Por se el non o fixo, permítanme señores que -humildemente- o faga eu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Mi madre y el cuco, y otras aves
Lalo Pavón
O AFIADOR
As competencias de Díaz
Maribel Outeiriño
TRIBUNA
Recordando el San Lázaro con Don Ramón Otero Pedrayo
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
BAJADA DE LOS PRECIOS
Las gasolineras de Ourense recuperan clientes tras la rebaja del combustible