La Región
CLAVE GALICIA
Quedar
Con grande pesar, recibo a nova do pasamento do profesor doutor Luis Rodríguez Míguez, un médico humanista que sempre tivo Ourense no seu corazón. Nos 70 chega a Ourense como xefe provincial de Sanidade, por aquel entón, a máxima autoridade sanitaria da provincia. A súa chegada supuxo unha positiva revolución, tanto no eido preventivo e da saúde pública, como no da docencia e formación dos nosos profesionais sanitarios.
Baixo a súa dirección ponse fin a bruceloses, que tanto estrago fixo na nosa provincia, comézanse a impartir os cursos de diplomados en sanidade, nos que recibimos unha sólida formación da man dos mellores especialistas na saúde pública de España, créase a figura da matrona no eido rural, colle xeito a vacinación e increméntase a vixilancia epidemiolóxica e de saúde alimentaria.
Pero sen dúbida, foi o termalismo o que máis de cheo deu nas potencialidades de Ourense, pouco a pouco, a través de cursos de Hidroloxía Médica, que case sempre se facían no Carballiño, introduciunos na cultura deste ben que hoxe é o máis importante dos nosos recursos. Sempre tivo claro que o noso valor estaba nas augas minero-medicinais porque solo nós as temos e porque ademáis son terapéuticas. Loitou hasta o final para mentalizarnos da súa importancia e penso que o conqueriu.
Creou a cátedra de Hidroloxía Médica, pola que tanto loitou xunto ao profesor Gestal. Ourense perde a un dos seus fillos preferidos, aínda que nado en Santiago, sempre presumiu da súa Ourensanía. Home irónico, culto, gran tertuliano e magnífico conselleiro o que sempre recorriamos nos momentos de dificultade, nunca abandonou os seus amigos e mesmo se alegraba dos seus éxitos.
A última vez que o vin, ia coma sempre, acompañado da Mari Luz, collidos da man e presumindo pola rúa do Paseo, aínda que un pouco deteriorado pola súa saúde, tivo tempo para darme algúns consellos que non debo reproducir nesta breve carta.
Ourense queda orfa do Pai do Termalismo, pero quédanos o legado e a forza de seguir loitando polos nosos valores. Ourense sempre estará en débeda contigo. Hasta sempre profesor, unha aperta, meu querido amigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CLAVE GALICIA
Quedar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
La noche en que la luna salió tarde
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Despersonalización de las barriadas (y II)
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
El deplorable escenario que tenemos delante
Lo último
"RESPUESTA CONTUNDENTE"
Irán ataca posiciones de EEUU en respuesta a su ofensiva en el estrecho de Ormuz
EN EL MOMENTO DEL RESCATE
Vídeo | Parto entre escombros en Venezuela: mujer da a luz entre la destrucción de los terremotos
DE PEREIRO DE AGUIAR
Ourense se lleva el Miss Vaca 2026: conoce a Paloma, su protagonista