Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Este 11 de outubro de 2025, en ruta por Marín, topei un grupo musical do que non podo deixar de falar. O grupo musical “ Papel Maché” naceu no ano 2007 en Catalunya, cun estilo propio que podemos encaixar dentro dun xénero pop-folk. Digo podemos, porque non parte dunha base folklórica, mais énchese dunha interválica que evoca a música celta e irlandesa. As cantigas están acompañadas de instrumentos acústicos como violino, guitarra, mandolina e frautas, con percusión axeitada e algún soporte base de teclados ou acordeón. A compositora Keila Olmo defínese como autodidacta e os productores Edwin Puerto e Judit Pujol como descubridores dun estilo propio. Ademáis gozan doutros colaboradores cando realizan as súas xeiras por Latinoamerica e EEUU.
Ao longo destes 18 anos o grupo tivo moitos cambios pero non sufriu variacións traumáticas no seu estilo e nos seus obxectivos. Todos teñen claro que a meta de transmitir a mensaxe do Evanxeo é fundamental para as súas vidas. Así se dirixiron a uns 50 mozos e mozas que asistiron a un obradoiro o sábado pola mañá no primeiro andar da igrexa evanxélica de Marín e ao numeroso público que encheu a sala principal no concerto que ofreceron pola tardiña, aínda que gostan actuar preferentemente en cafeterías, parques e outros espazos públicos. No concerto interpretaron 10 temas e tiveron un “extra” no que cantaron en galego. Todo o concerto estivo cheo de sorpresas, con nenos e nenas ofrecendo coreografias das cantigas e todo o público en pé participando das propostas do grupo, que nesta ocasión foi acompañado polo batería Camilo Ortegón que se desplazou desde Valencia para o concerto. Da infraestructura, son, iluminación e escenario encargáronse mozos e mozas de Marín coa xenerosidade característica dos voluntarios anónimos que sempre están presentes, e que sen o seu traballo, case todo sería moito máis complicado.
Todo o concerto estivo cheo de sorpresas, con nenos e nenas ofrecendo coreografias das cantigas e todo o público en pé participando das propostas do grupo, que nesta ocasión foi acompañado polo batería Camilo Ortegón que se desplazou desde Valencia para o concerto.
Durante a actuación que tivo unha duración de 2 horas, a conductora do grupo contou algunhas anedotas do proceso de creación das cantigas. Moitas foron froito de experienzas persoais e mudaron elas mesmas no mesmo momento creativo. Outras tiveron que agardar até 8 anos para poder ver a luz, porén todas seguen a liña de expresar a necesidade que ten o ser humano. Eles mesmos consideran o seu grupo como o Papel maché. Cachos de xornais cheos de cola, que semellan ser unha calamidade, pero que despois poden formar obxectos fermosos se os sabemos traballar. Como o oleiro co barro ou como fai Deus coas persoas. Os seus desastres musicais deste grupo fai un produto fermoso que encha os corazóns: desde os máis pequenos até os maiores.
Papel Maché naceu nuns campamentos de verao ( en Catalunya “Escoles d’estiu”) coa idea de empegar o arte para transformar a nosa socieade máis próxima, pero esta iniciativa non resulta doada. O arte é atrevido e racha arquetipos establecidos. O arte vai da man dos máis novos e establécese no tempo cos máis vellos. Papel Maché ten o mérito de estar formado por pesoas que non compiten entre elas e foron recoñecidos polos seus valores cristiáns. Ademais, algunhas teñen unha formación academica moi potente e outras a capacidade de producir temas cheos de beleza abertos a todo tipo de enriquecemento musical e sen grandes pretensións. Un tamdem perfeito. A partir dese orixen agroman a estética, o valor da mensaxe, o amor pola música e o aprender que o último dos instrumentos tamén é importante. Toda unha lección vital de humildade. Neste ano están preparando un novo álbum, e coa colaboración dun deses músicos galegos errantes, preparan un disco con temas en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Lo último
REUNIÓN EN WASHINGTON
Estados Unidos y Nueva Zelanda estrechan su colaboración en minerales estratégicos
INCIDENCIAS EN EL TRÁFICO
Árbol caído bloquea la N-120 y complica la circulación en Ourense