Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La casa de la cadena
Para os que dende nenos seguimos con paixón a CD Ourense, foi unha triste noticia a súa desaparición. Na nosa memoria quedaban momentos de gloria deportiva e nomes que xa forman parte da nosa memoria: Pastor, Rivera, Mirlo, Ibarreche, Orbán, Bouso, Wilson, Varela, Carballeda, Pataco, Cortés, Rubiñán, Fonseca, Nelinho, Veloso, Leardi, Tomé, Varela, Astigarraga, Teixidó, Mugüerza... e moitos outros que sería moi longo enumerar.
Por iso, cando apareceu a Unión Deportiva Ourense coa decidida vontade de continuar a historia do CDO, fomos moitos os que acollemos con cariño a nova proposta e decidimos apoiala. Concretamente, eu propúxenlle á Xunta de Goberno da Coral De Ruada a creación dun himno para este novo equipo, proposta que foi moi ben acollida por todos. Escribín unha sinxela letra que tratase de recoller os valores e sentimentos comúns a CDO e á UDO e, por outra banda, o daquela director da Coral compuxo a música.
O himno gravouno Arteficción na Biblioteca Pública, contando coas voces e músicos da Coral e a colaboración de músicos da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional.
O acto de presentación do himno tivo lugar o 8 de maio de 2015 nun acto celebrado no Centro Comercial Ponte Vella, ao que asistiron unha representación da UDO encabezada polo doutor Cabaleiro e outra de De Ruada encabezada polo entón presidente, Eladio Quevedo Almoina, na que tamén figuraban o director e autor da música, Xoán Antón Vázquez Casas, e eu mesmo, como autor da letra. Ademais de escoitalo publicamente por primeira vez, nesa presentación asinouse, por tódolos representantes, un documento de cesión dos dereitos do himno a favor da UDO de xeito totalmente desinteresado.
Hoxe, sete anos despois daquela presentación, tódolos afeccionados da UDO, continuadora do querido CDO, estamos de festa polo ascenso a Terceira, despois dunha dura travesía polas categorías inferiores.
Moitas grazas a tódalas persoas -presidentes, directivos, técnicos, xogadores e afeccionados- que nos permitiron a recuperación dunha fermosa ilusión. Parabéns UDO!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La casa de la cadena
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Torrente Presidente también gobierna Ourense
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Día de San Patricio
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Se cumplen 60 años del gran triunfo del teatro juvenil de Ourense con “Donadieu”
Lo último
RIESGOS LABORALES
El Gobierno impide trabajar a los menores expuestos al peligro
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 18 de marzo
SEGUNDO FUEGO DEL DÍA
Incendio forestal con dos focos en Cardoso, Viana do Bolo