Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Dos mundos
Androcles era un esclavo romano que, fuxido, atopouse nunha cova do deserto cun león que se laiaba lastimeiramente, por mor dunha espiña que lle atravesaba unha zarpa. Androcles sacoulle a espiña e viviu co león tres anos e alimentándose da caza que iste traía. Ós tres anos, Androcles foi preso e condenado a ser comesto polos leós do circo. Cando xa o público asistente agardaba ver a morte do condenado, viu, asombrado, como o león lle lambía as maus e, despois, tumbábase ós pés do seu amigo, pois non outro era o león do conto.
O Pepe atopou na rúa un can pillado por un coche. O probe animal tiña ósos desaxustados e moitedume de erosiós e cortes por todo o corpo. O Pepe, conmovido, tratou de arranxarlle os ósos o millor que pudo e, despois, tratou de valerlle as feridas con remedios caseiros. Mais eran un pouco fortes e o can, medio adoecido, escapou ladrando e cando atopaba outros cas polo camino mesmo os encirraba pra que iles ladrasen tamén.
Esta parábola, vista dende a óptica do PP, siñifica que os votantes fideles do PP, representados polo león, souperon recoñecer, agradecer e premiar o bén recibido. O can vén a ser a representación daquela xente que, por mor dunha situación económica desesperada, tivo que facer grandes sacrificios, como "curas de cabalo", e que agora din que soio parecen lembrarse distes e non do bén que lle foi feito.
Láianse, no PP, de que a xente non considere suficiente mérito o arranxo da situación económica e tamén de que o partido non soubera "venderllo" á sociedade. Coido que a sociedade é conscente do feito no eido da economía. Do mesmo xeito, sabe que, sin certas "anomalías" ocurridas dentro do partido, posiblemente a situación non houbera sido tan grave. Asemella que a sociedade, co seu comportamento, está como tratando de dicirlle ó goberno que lle dé volta ó vello aforismo e que ficaría diste xeito: "A muller do César, aparte de parecer honrada, debe de selo".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último