Lalo Pavón
O AFIADOR
O oficio e a dignidade
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
A Santa Misión foi un instrumento creado pola Igrexa católica para afondar o proceso de re-cristianización dos fieis.
A pesar de contar cun enorme poder cultural, político e social na posguerra, deseñouse este tipo de misión relixiosa co propósito de reforzar a evanxelización do pobo español.
O moderno templo de Santa Teresita de LIxeus do Vinteún xurdiu trala celebración da Santa Misión do ano 1956, sendo construído a finais da década do 1950. Sabemos que a finais do mes de agosto do ano 1958 as obras atopábanse a punto de rematar segundo os arquivos da veciña parroquia de Santiago das Caldas, non chegando á funcionar como parroquia ata o ano 1969. O templo o construíu a empresa Cachafeiro baixo a supervisión do crego Rafael Pato Movilla, sendo ergueita nun solar situado aproximadamente a cincuenta metros da avenida de Santiago; o citado solar asentado sobre unha lixeira prominencia do terreo foi xentilmente doado pola familia González Diéguez, propietaria do pazo das Eiroás.
Don Rafael Pato Movilla foi o encargado das labores da edificación desenroláronse case sen interrupción a pesares da falta de materiais, ó que se sumou certas dificultades de carácter técnico sendo a empresa Cachafeiro a encargada da realización das obras que supuxeron un custo aproximado de 500.000 das antigas pesetas aínda que, na realidade e con toda posibilidade, o desembolso total da obra superou ó millón das antigas pesetas.
Igrexa parroquial: Santa Teresita de Lixeus
Coordenadas: 42º21´19” N / 7º52´01” O.
Situación: rúa Xares.
Construción: 1950.
Características: edificio carente de creatividade artística, asemellando a forma dunha nave industrial.
Elementos destacados arquitectónicos: Columnas que franquean o pasillo central, vidreiras polícromas, tribuna baixa cun habitáculo a modo de nártex.
Estado de conservación: Bo.
Edificios auxiliares: sancristía e casa parroquial e cercana a capela de San Lázaro, en Peliquín.
Información relixiosa: culto cristián.
Titularidade: Bispado de Ourense.
Párroco: Héctor Bernárdez Germade.
Protección: P.X.M.O. do Concello de Ourense.
A nova parroquia baixo a advocación de Santa Teresita comprende os barrios das Tapias, Guizamonde, Covadonga, Oíra e Peliquín, é dicir, un territorio segregado das parroquias de Santiago das Caldas e Cudeiro.
O acceso ó templo realízase mediante unha porta rectangular figurando por riba un sinxelo rosetón en forma de cruz solar enmarcado por un arco composto de tres arquivoltas formado por dezasete doelas; posúe un torna chuvias sobre a porta de acceso, cubrindo o templo exteriormente mediante un teito a dúas augas. Resulta interesante a presenza da torre campanario con base cadrada composta por dous andares separados por sinxelas molduras e coroada cun teito tamén a dúas augas.
O interior do templo, de planta rectangular e basilical, componse de tres naves cubertas de viguetas de formigón a proba de incendios; as dimensións o mesmo é de corenta metros de largo por quince de ancho, realizado integramente en granito do país que permite a folgada concorrencia ó mesmo tempo dunhas tres mil persoas. A sinxela capela maior do presbiterio, de base trapezoidal, é de tipo austero atópase presidida por un Cristo Crucificado asentado sobre un panel rectangular de madeira acompañado a ambos lados dunha talla da Milagrosa e san José; no centro baixo a talla do Cristo sitúase o sagrario custodiado por dous anxos. No muro frontal da nave do Evanxeo destaca un retablo, de corte neoclásico, formado por tres rúas e rematado por sensos xarróns e un frontón sobre baixado sobre o centro sostido por columnas de fuste liso apoiadas sobre bases rematadas por capiteis corintios. O retablo o preside a pouca coñecida talla de santa Teresa de Liseux acompañada da imaxe da Inmaculada Concepción maila devota Virxe de Lourdes e santa Bernardina Soubirous, en porcelana ou cerámica esmaltada.
Na nave da Epístola figura outro retablo máis pequeno co anterior que contén unha talla do Sagrado Corazón acompañado das imaxes de san Antonio de Padua, Virxe do Carme, santa Rita de Casia e santa Lucía de Siracusa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lalo Pavón
O AFIADOR
O oficio e a dignidade
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Más allá del toque
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El pulpo y la gallina de los huevos de oro
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Jodido mundo
Lo último
ROCK EN GALLEGO
Historias de rock en gallego: un libro para ser escuchado
PISTOLETAZO DE SALIDA
Maceda no se amedrentó y fue fiel a su cita con los entroideiros
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XIII)
Una magnífica historia del franquismo