José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
PINGAS DE ORBALLO
Unha planta. Unha bombilla. Un cadro. Unha cervexa. Un café. Unha mesa. Unha cadeira. Un momento. Certa hora. Un acontecemento: deportivo, futbolístico, emotivo. Que terá que ver un toxo cun sacho e unha cheminea cun cardo? De que cor é o son da letra escarlata? Que significa 3 en Un se non hai ferruxe? Cando choverá no Sáhara Occidental? Acaso chove no Oriental?
Un asubío. Un son. Un baile. Unha nota musical. Outra nota colexial. Unha frase. Un parágrafo. Un punto seguido. Un xesto. Un sorriso. Por que o microbio se envorcalla no baleiro? Por que a inercia é a propiedade que teñen todos os corpos de persistir no estado de repouso ou movemento en que se atopan, a menos que actúe sobre eles unha forza externa? Por que canto en silencio? Por que o retrouso final mete ruído?
O fanático é aquel que defende con paixón e entusiasmo cegos as súas crenzas, opinións, afeccións, etc., sen tolerar as dos demais
Un porteiro. Un defensa. Un suplente. Un extremo. Un adestrador. Un dianteiro. Un media punta. Un árbitro. Unha portería. Un xuíz de liña. Unhas bancadas. Un público. Dous equipos. Aplausos. Berros. Asubíos. Bravos. Insultos. O afeccionado é aquel que sente inclinación ou gusto por algo ou alguén. O fanático é aquel que defende con paixón e entusiasmo cegos (repito: cegos) as súas crenzas, opinións, afeccións, etc., sen tolerar as dos demais. Volvo repetir: cegos.
Unha carteira. Unhas moedas. Un bolígrafo. Un caderno. Uns coches. Unha rúa. Unha noite pecha. Un partido que chega. Unha contenda que cada vez está máis cerca. Unha espera que remata. E a partir de agora que gane o que mellor xogue. Mentira! Que perda o Madrid. Un punto final.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
No falta trabajo, falta quien quiera sostenerlo (en las condiciones de siempre)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Lo último
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua