Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Raigame, tradiciones que matan
Creo que o noso Concello debería aproveitar que ata xullo é o alcalde de Ribadavia, César Fernández, presidente de Camiños de Sefarad, Rede de Xuderías de España, para promover a integración nela da cidade de Ourense. Si. E sabe ben do tema, pois xa foi o impulsor da integración de Ribadavia na Rede desde a súa fundación, en 1995. E exerceu de presidente, en decembro pasado, na incorporación de seis cidades máis (entre as que se encontran Sevilla, Calatayud e Melilla) ata chegaren ás 27 de hoxe.
Póñoos en situación. En Galicia hai xa tres localidades na rede Sefarad: Tui, Ribadavia e Monforte. Hai outras varias con presenza xudía medieval. Pero destaca con moitísimo Ourense, cunha abundantísima documentación medieval que usou o cronista Benito Fernández Alonso, para publicar a finais do XIX a historia dos xudeus en Ourense. Ferro Couselo, na súa magna obra A vida e fala dos devanceiros, reproduce ducias destes documentos. E hoxe hai dous historiadores que entenden do asunto: Anselmo López Carreira e Gloria de Antonio Rubio. Esta última, premiada investigadora do Sarmiento-CSIC, dános, incluso, a localización precisa da sinagoga. Os seus moitos artigos sobre os xudeus en Ourense, por si, son eixo para unha memoria xustificativa. E o retorno para a cidade da incorporación á Rede -a clave- sería moi variado. Un, situacional -estar nun colectivo de máxima visibilidade e pomotor de sinerxias turísticas-; outro, reputacional -ser parte integrante dun colectivo de cidades con interese na súa historia-; e outro, o máis importante, económico. Sen dúbida, habería acceso a subvencións específicas, públicas e privadas; incrementaríase o atractivo inversor para a explotación deste tipo de memoria dirixida a clientes con notable poder adquisitivo; e podería dalgún xeito Ourense exercer de “cidade centro” das xuderías galegas, como xa fai do Entroido auriense. E co horizonte ideal tamén da integración de, Allariz, cunha xudería non menos importante cá de Ribadavia, como ben nos ensinou Puga Brau e nos lembra Antonio Blanco Rodríguez nos seus documentados estudos en Raigame.
E hoxe hai dous historiadores que entenden do asunto: Anselmo López Carreira e Gloria de Antonio Rubio. Esta última, premiada investigadora do Sarmiento-CSIC, dános, incluso, a localización precisa da sinagoga.
E Ourense podería proxectar como singularidade, a boa convivencia entre a comunidade cristiá e xudía, que sinalan todos os historiadores, con varios episodios moi destacados a mediados do século XV. O principal, en abril de 1442, cando os homes do nobre Pedro Díaz Cadórniga asaltan e destrúen a sinagoga da cidade -onde estaba Singer en Lamas Carvajal- e rouban as “árbores”, a Menorá e os rolos da Torá, e cartos. O Concello, axiña reacciona e tómalle declaración aos de Cadórniga pola destrución do templo. En paralelo, o bispo excomulga os autores materiais do ataque e a Pedro Díaz como indutor. Si. Non debe haber moitos casos en que un concello reaccione tan rápido e un bispo excomulgue un nobre por ter inducido a profanación dun templo sagrado doutra fe. Aínda así, os xudeus pedironlle logo levantar a excomuñón ao nobre porque non participara directamente nos feitos, pero que se mantivese sobre os que roubaron as “árbores” mentres nos as devolvesen. O roubo segue sen resolver; de momento. Pero o Concello era amable con todos. Pouco despois, en 1458, fan dúas cartas de veciñanza para que se asenten e amenicen Ourense dous músicos, gaiteiro e tamborileiro, mouros. Serán Gomes e Fernán. Tan ben integrados todos que cando en 1460 os irmandiños convocan o levantamento contra a opresión, piden que “todos os cidadáns, leigos e clérigos, judíos e mouros fosen a derribar o Castelo Ramiro”. E tal fixeron.
Era boa cousa entrar na Rede e pensar nalgunha festa histórica que rentabilice o tema. Arde Lucus en Lugo, Istoria en Ribadavia, Arribada en Baiona, Reconquista en Vigo, Maria Pita en Coruña… E nós? Hai temas, posiblidades, oco no calendario e xuncos para tecer. Viña ben algo de vontade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Raigame, tradiciones que matan
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
El tiempo entre las despedidas y las bienvenidas
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: as Burgas (e III)
Rosendo Luis Fernández
¿Piove?, ¡Porco Goberno!
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 7 de marzo, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 7 de marzo