Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las culpas
ARTE ET ALIA
A idea dunha voz persoal, singular, que ecoe, irrepetíbel, ante o barullo contemporáneo, deixando pegada ou ronsel de seu, é unha das pulsións máis intensas da arte poética. Expresar dende o corazón do ser un ton propio, cun ritmo cordial e/ou visceral -depende-, define o sabor no padal. Con estes arumes vai facendo as cestas, a impulsos, unhas miúdas pois son frouma dos piñeiros, que espertan recendos dos tempos daqueles magostos de noutrora nos claros rochosos do coto en Cea, ouh xuventude de outono... Outras grandes como canastros de vimbios con asas. Aquelas son metáfora dos poemas de verso libre que medran até vinte e sete en “Asfixia”, de Clara Martín, último premio de poesía Eduardo Pondal, de Medulia editorial, cunha fonda introdución de Inma Doval e portada da artista Isabel Pintado, que comentamos trala súa presentación en Ourense en Ceres1894, local ourensán que se está a converter en referente destes actos culturais e a música en vivo.
O colaxe do lado foi o seleccionado para a posta de largo da citada cafeteira da nosa cidade, día no que se expuxeron alí doce dos colaxes.
Acompañando aos textos, como parte dun todo, van quince obras con impacto visual de colaxe, dispostas a maioría das veces a toda páxina, na par principalmente, e nas que insire frases da súa man, extraídas dos versos do poema colateral. Así “agora son paxaro, / e guicho por unha fenda entre as nubes (...)”, “emerxencia emocional” escrita nun dos brazos dunhas mulleres que se abrazan, ou “universo propio” nas mans dunha dona; sendo noutros casos unha variante, caso de “quero quedarme a vivir na terra dos teus silencios” e “a lingua na túa boca pescuda atallos”. Esta última divide unha composición dobre entre un rostro feminino e unha parella sentada ante unha paisaxe arbórea e un ceo gris cruzado por raios. Ao lado o poema comeza “amenceres tinguidos / da cor das laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, o título dunha obra teatral de Carlos Casares, de 1973. E hai citas literarias no verso XXII de Saint-Exupèry en Le petit prince, edición traducida por aquel escritor ourensán en 1972 cando vive no País Vasco, logo de ter que marchar da docencia en Viana do Bolo por inxerencia política. O colaxe do lado foi o seleccionado para a posta de largo da citada cafeteira da nosa cidade, día no que se expuxeron alí doce dos colaxes. E acompañando á autora para poñer voz aos poemas do recital Manuel Blanco e Paco López-Barxas, seu irmán. Houbo música en directo de Luis Chao & Juan Carrizo. A poesía, unha ferramenta máxica. E ao xuntarse co colaxe e o transfer... morning has broken!
E achegouse unha rechamante vaca escultórica á rúa do Paseo...
...E plantouse, logo do día do orgullo friki e pouco antes do gai (ou mellor aínda lgtbi+), que estrea novas franxas de cor logo de redefinilas polo seu autor, Leandro Sánchez, artista mallorquino, por terceira vez, dado o desgaste na esixente prazoleta de Paz Nóvoa, chea de nenos e non tan miúdos nas terrazas, onde se instalou fai uns dez anos, doazón da Fundación Cum Laude. Está agora diante da entrada do antigo Banco de España, sala de exposicións municipais. Cantas esculturas se removen nesta cidade, e outras cousas/temas apenas ren. Por outra banda, a leiteira de Conde ten desta volta contexto...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las culpas
ARTE ET ALIA
Poesía, colaxes e trencadís
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
Cómo reclamar facturas impagadas
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
X: La amenaza fantasma
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 22 de junio?
DESAFÍOS DE LA RIADA
Viana do Bolo busca terreno para depositar los escombros