Berto Manso
LA OPINIÓN
Amigo Pedro
PINGAS DE ORBALLO
Aínda que era un verso libre, Inocencio Suárez Lapetra era un poeta coma os clásicos, deses que escribían poemas longos, eternos. Inocencio Suárez nunca escribía poemas de menos de mil versos. Mesmo cunha das súas poesía bateu o récord mundial: medio millón de versos. Nin el mesmo sabe xa canto tempo lle levou escribila.
Escribía moito sobre temas románticos, cun fondo de melancolía. Pero tamén tiña poemas de protesta, sociais, pornográficos e mesmo deportivos. Os pornográficos, ó ser tan longos, tiñan o seu perigo. Un perigo mental e non tan mental. E quen queira entender, que entenda.
Antes de dedicarse á poesía, Inocencio Suárez Lapetra escribía frases. Si, tal como o digo: só frases. Simples frases. Curtas, longas, retorcidas, filosóficas, nostálxicas, con certa química
O curioso é que se afeccionou á poesía moi tarde, cando xa era máis que adulto. Xeralmente, comezaba os seus poemas nos bares, mentres tomaba un café e, dada a súa extensión, tiña que rematalos pola noites. Por certo, aquelas horas eran as que máis lle favorecían a inspiración. Antes de dedicarse á poesía, Inocencio Suárez Lapetra escribía frases. Si, tal como o digo: só frases. Simples frases. Curtas, longas, retorcidas, filosóficas, nostálxicas, con certa química... Anotábaas no que tivese a man: nunha folla de xornal, na marxe dunha páxina do libro que estivese lendo, nun pano de papel dos bares e mesmo, en tempos pasados, nunha folla de papel de fumar.
Agora escribe poesías quilométricas todos os días. Non falla un só. Para iso ten que roubarlle horas ó sono, ás tarefas domésticas e, o que é peor, algunhas noites, renunciar a ver a súa película nocturna.
Pero o máis sorprendente da súa afección é que, cando remata unha poesía, rompe, tritura, esgaza ou racha a anterior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Berto Manso
LA OPINIÓN
Amigo Pedro
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Los puntos cuentan
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Poesías quilométricas
José Antonio Constenla
Sánchez y la fuerza del amor
Lo último
DENUNCIA VECINAL
Chandebrito sufre rebrotes “imparables” de eucaliptos
REHABILITACIÓN URBANA
Arrancó la reforma de la Praza Maior de O Barco de Valdeorras
PRIMEIRA FEIRA
O Larouco reivindica o seu mel “libre de contaminación”
BUENAS CIFRAS
Auge otoñal de peregrinos en San Cristovo de Cea