Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Unha voz libre, sensata, comprometida, activa e eficaz
Pódenme crer que case levei máis alegría cando lle deron o premio Carlos Casares de Xornalismo Literario a Pilar Cernuda que cando mo deron a min, na súa primeira edición, alá por 2017. A cousa é simple. Daquela eu non sabía que existise tal galardón, e, entendendo os tempos políticos, considerei un pouco estraño que na ocasión da entrega se fixese despois dos premios locais de redacción escolar. Pero agora queda reforzada ao máximo a súa categoría coa aceptación do mesmo por parte dunha das máis grandes xornalistas de España, tan importante desde a transición aos nosos días. Unha voz libre, sensata, comprometida, activa e eficaz. Todo un orgullo para Antonio Piñeiro, gañador do premio con ocasión do seu “renacemento” en 2023, para min, e para os organizadores.
E logo das lóxicas felicitacións ao Concello de Xinzo e á Fundación Carlos Casares pola escolla, coa liberdade que caracteriza a quen lles escribe, voulles facer unhas construtivas suxestións para mellorar a organización e o acto de entrega, pois creo que hai marxe de mellora, tomando como referencia cousas que ambas institucións teñen feito antes moi ben organizadas.
Creo que debería incluír representantes da prensa escrita ou revistas culturais nas que Carlos tivese escrito
Para empezar son convenientes unhas bases públicas coa indicación de obxecto do premio, definir “xornalismo literario” ou modificar o obxecto -ampliando a simplemente, “xornalismo”, cousa máis acaída a Pilar Cernuda, por exemplo- ou restrinxido a colaboradores de prensa, como foi Carlos Casares; débense publicitar as formas de presentación de candidaturas, a composición do xurado -que debe ser operativo, reducido e de categoría profesional, e penso, por exemplo, sen saír de ourensáns, no limiau, Luís Álvarez Pousa, premio de xornalismo Aurelio Carracedo deste ano, no ribeirao Xosé Ramón Pousa, ex-decano da facultade de Xornalismo de Santiago, ou en Luís Menéndez Villalva, ourensán que recentemente abandonou a presidencia da Asociación de xornalistas de Santiago de Compostela; e creo que debería incluír representantes da prensa escrita ou revistas culturais nas que Carlos tivese escrito; e sinalar prazos, dotación económica -tema clave, aínda, permítanme a broma, sen efectos retroactivos-, e calquera outro extremo habitual nunhas bases públicas e transparentes.
Como ven, vou na liña do achegamento do premio á profesión e á profesionalidade na organización do acto, tal como corresponde á memoria de Carlos e ao bo facer da súa Fundación que, é creo, quen debería levar o peso de deseño, planificación e organización do premio, co apoio, claro, do Concello de Xinzo.
Si. Hai que partir da análise de que en Galicia hai xa outros premios de xornalismo: O Fernández Latorre -da Fundación Santiago Rey, (66 edicións, 10.000€, na Coruña); o Julio Camba (44 edicións, 10.000€) e o Fernández del Riego (21 edicións, 10.000€), ambos de Afundación de Abanca; o Aurelio Carracedo (33 edicións, 4.500€) da Deputación de Ourense. E tamén hai premios menores e de longa traxectoria, convocados por concellos en honra dos seus escritores locais (O Grove, Bueu, A Estrada...). E dentro deste panorama, hai que estudar como competir na liga dos grandes, como merece a memoria de Carlos Casares.
E creo que o acto de entrega do premio debe ser unha gala elegante -se cadra con cea-, organizada profesionalmente. Cun escenario correspondente á categoría do premio, con pouco protagonismo político, con intervencións ben coordinadas, sen himnos, etc. E desde logo a idea dun ágape de clausura do acto, non poder ser patacas fritas, aceitunas, cacahuetes e viño de diario en vasos de tubo. Non.
Anímoos a percorrer as marxes de mellora, polo ben do prestixio do premio e organizadores
O premio a Pilar Cernuda debería ser un punto de inflexión cara á excelencia, como foi a súa escolla e, sen dúbida, a intención de entrambas institucións. Así, pois, desde as felicitacións a premiada, Concello e Fundación, anímoos a percorrer as marxes de mellora, polo ben do prestixio do premio e organizadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Lo último
MÚSICA E BAILE POPULARES
O Festival Rebulir cumpre 20 anos como garante de cultura e tradición
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño