Benito Iglesias
La lección del trabajo en equipo de la selección española
TÍA MANUELA
A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankins mundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades das institucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no fin do mundo, onde remata a terra e comeza o mar que non se acaba, hai tres universidades verdadeiras, pero unha delas, a USC ten máis de cincocentos anos e agora ten como reitora a Rosa Crujeiras, unha profesora nova, a primeira que, por mor da norma, ten por diante un mandato de seis anos.
As persoas vinculadas directamente á Universidade, votáranlle ou non, agora teñen a Rosa Crujeiras como a súa reitora, e deben defendela e apoiala como a mellor reitora de tódalas universidades. As discrepancias, as liortas electorais e as desavinzas xa quedaron alá lonxe dos tempos que comezan para que a Universidade, unha das empresas máis importantes do país, sega o seu ritmo e manteña o seu paso nos eidos da docencia, da investigación, no compromiso social e na formación en igualdade de cidadáns libres, sexan homes ou mulleres, da beira do mar, do centro de calquera cidade ou daquela aldea da outra montaña.
O achegamento da Universidade ao futuro vén dende sempre
O cadro de persoal da USC, segundo os datos estatísticos aportados pola propia Institución, está composto por máis de 4.600 persoas. Algo máis da metade destas persoas son mulleres e máis do 80% traballan en centros ou servizos do Campus de Santiago. En Lugo son poucos, pero tamén é moi importante o seu facer. Todos saben (sabemos) que a universidade proxecta o futuro e ensina, a través da creación e da divulgación do coñecemento, a abordalo con éxito.
O achegamento da Universidade ao futuro vén dende sempre, pero en Galicia, como moi ben di a Tía Manuela, “apurou o paso co reitor Carlos Pajares, a principios dos anos oitenta”. Pajares Vales, de Física Teórica, foi o reitor da Universidade galega aos seus trinta e nove anos. Despois o historiador Villares Paz, seguido polo filólogo, Darío Villanueva, e outro físico, Senén Barro, un mozo de 40 anos, que impulsou a Universidade cara o uso das novas tecnoloxías.
Juan Casares, Juan Viaño e Antonio López foron os últimos Magníficos reitores. Agora a comunidade universitaria elixiu á matemática Rosa Crujeiras, como a primeira muller reitora. Parabéns!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Benito Iglesias
La lección del trabajo en equipo de la selección española
Társila Nóvoa González
TU FARMACÉUTICA INFORMA
Cómo proteger la vista ante el eclipse solar
Miguel Anxo Bastos
MI PLAN PERFECTO
Um dia feliz de verão
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Mi gemelo digital
Lo último