Alfredo Conde
A TIRITA
E seguimos entre perdidas e santas
Ten mérito, moito mérito celebrar este ano un festival de cine a causa desta pandemia que nos puxo todo patas arriba. Logo, para máis aquel, aquí, no noso país, a cultura nunca estivo moi ben vista. A cultura, en España, sempre foi o saco de boxeo sobre o que caen os golpes da ignorancia, dos ignorantes. Ou dos demasiado listos. De aí que sexa a que máis golpes reciba dos que ostentan o poder. Porque na cultura é onde adoitamos descargar os sentimentos ou as verdades máis profundas que levamos dentro. E sóubose sempre que as verdades mancan e doen.
Como mancarán e doerán os temas dalgunhas películas das que se proxectarán neste Festival de Cine de Ourense que, hoxe, pola noite, dá o seu disparo de saída. Iso é, aquí empeza a 25 edición deste festival. 25 anos. Vodas de prata, non si? Dise pronto, pero hai que pasalos. E como se pasaron aquí en Ourense! Case sempre con polémicas; principalmente políticas e menos de calidade. Penso que a calidade, ano tras ano, vai mellorando. Non sei, será como todo na vida: que a experiencia é un grao.
Vodas de prata para un festival que, quéirase que non, deixará un certo sabor amargo na boca. Porque a asistencia non será a que debería ser para tal celebración, para tal acontecemento. A verdade é que é unha carallada: que a súa 25 edición se vexa minguada por este bicho que nos está asolando. Pero como dicía aquel naquela película: retroceder nunca, renderse xamais. E aquí estamos; nin os peores elementos serán quen de derrotar a este Festival que cada vez deixa mellor sabor de boca. Confío en que este ano sexa así.
Aproveito o espazo que queda para comentar que, por referencias, e en relación ás películas a concurso, non vos perdades “Cartas molladas”, que é desas que mancan e doen; “A illa das mentiras”, da coruñesa Paula Cons; “Corpus Christi”, nomeada ós Oscar como mellor estranxeira; o documental chileno “O axente topo”; e a canadense “Falling”, que chama a atención porque está dirixida polo inmenso actor Viggo Mortensen. Pero xa sabedes que non hai mellor crítico que un mesmo. Así é que descubride vós mesmos o bo e o malo (oxalá sexa pouco) deste Festival que empeza xa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Alfredo Conde
A TIRITA
E seguimos entre perdidas e santas
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Mirando al dedo
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Migrantes
Roberto Fernández Álvarez
La estrategia frente al radón por la Diputación
Lo último
PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD
Bum inmobiliario: la compraventa de vivienda en la Ribeira Sacra se duplica en la última década
VEJACIONES Y COACCIONES
Condenado por un insulto a su ex en Ourense, pero absuelto de maltrato
CREATIVIDAD Y SOSTENIBILIDAD
Josu Santos, Premio Nacional de Moda Baño 2026: "La colección Rizoma habla de Galicia y en la gente que me rodea"