Víctor González
MI PLAN PERFECTO
Cuento de verano
DIARIOS DO PASADO
As queimas prescritas ou controladas no monte consisten na utilización guiada do lume para diversos fins, entre eles, eliminar a matogueira, o monte baixo. Dende cando se utilizan? Permítanme unha breve introdución. A finais da década de 1980 e inicios da de 1990, tras codirixir un proxecto de investigación en Lobios con Celso R. Cao e Manuel Xusto, un convenio do INEM co Concello de Muíños permitiume desenvolver un proxecto propio. En Muíños e arredores puiden catalogar, entre outros xacementos, numerosos monumentos megalíticos, que se sumaron aos coñecidos, sobre todo os publicados por Cuevillas e Xoaquín Lorenzo. Foi ademais a base doutra investigación máis ampla: o estudo do Megalitismo na Baixa Limia. Coa mirada posta nos agricultores neolíticos que ergueron os dolmens, lía entón estudos variados sobre as técnicas produtivas dos primeiros campesiños, para comparalas coas actividades económicas daqueles megaliteiros que colonizaron serras e vales baixolimiáns entre finais do Vº mil. e o IIIº BC.
Máis, centrémonos no asunto que titula este escrito. Cando comezan a erixirse os dolmens, os bosques ocupaban gran parte da comarca, favorecidos polo clima benigno tras a última glaciación, rematada hai uns 10.000 anos. Pero os agricultores precisaban de terras de cultivo, transformar en leiras o denso arborado que atoparon, a paisaxe herdada dos desaparecidos cazadores de etapas anteriores -Paleolítico e Epipalelítico- que extraían alimento sen provocar grandes alteracións no bosque, porque era a súa despensa, surtíndoos de caza e froitos silvestres.
A economía agropecuaria producirá grandes cambios na paisaxe, sobre todo debido aos inxentes procesos deforestadores e queimas que se darán dende finais do Vº mil., coincidindo no tempo -e non poucas veces no espazo- coa gradual implantación del Megalitismo. Era obrigado entón acudir ás publicacións dos expertos no estudos de pole. Entre outros, P. Ramil Rego, en especial “Evolución climática e historia de la vegetación durante el Pleistoceno Superior y el Holoceno en las regiones montañosas del noroeste ibérico”, de 1993. Pero antes tamén se practicaba, aínda que a outra escala. Estudios consultados tamén evidenciaban queimas practicadas polos derradeiros cazadores recolectores postglaciares e, mesmo, polos que viviron na última e rigorosa glaciación Wüm, como demostraba Van der Hammen xa e 1957 no traballo “The stratigraphy of the late Glacial”.
As ditas queimas tradicionais tiñan como fin eliminar a matogueira da serra para facilitar o agromado dos pastos para o gando
Nós mesmos fomos testemuña das últimas queimas estacionais controladas nas planicies superiores da serra de Leboreiro, antes de que foran prohibidas. Descoñecemos a lexislación actual ao respecto, pero supoñemos -os expertos dirán- que se basea na lei de montes de 1957, promulgada antes do estado das autonomías. As ditas queimas tradicionais tiñan como fin eliminar a matogueira da serra para facilitar o agromado dos pastos para o gando. Estudos etnoarqueolóxicos sobre “primitivos actuais” realizados por investigadores tan prestixiosos -e xa clásicos- como R.A Gould ou H.T. Lewis noutras áreas do planeta, demostran o uso destas prácticas ata tempos recentes. Incluso lía exemplos que describían o emprego do lume polos aborixes australianos -pobo de economía cazadora e recolectora- para despexar o monte baixo ao que logo acudiran os canguros, especie que cazaban, ao reclamo dos apetecibles brotes de herba.
Como ven, as queimas prescritas veñen de milenios atrás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Víctor González
MI PLAN PERFECTO
Cuento de verano
Itxu Díaz
Hacer un castillo de arena
Luis del Val
El soberbio imprevisible
Roberto González
MIGRACIÓN A OURENSE
Los beneficios de la inmigración
Lo último
IA SIN CONTROL
Del “Círculo vicioso” de Asimov al ataque autónomo de OpenAI
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche