Afonso Vázquez-Monxardín
Sobre eleccións andaluzas
DIARIOS DO PASADO
É sabido que o ouro, metal precioso de referencia dende hai milenios, é demasiado brando para ser usado de forma cotiá, tanto en xoias, como en moedas, obxectos habitualmente elaborados con el no decurso da historia. Por iso non se fabrican con ouro puro ao cento por certo, utilizándose aliaxes con outros metais -prata, cobre, etc.- en distintas proporcións segundo a utilidade ou o valor que se queira dar ao obxecto en si. Deste modo, se empregásemos só ouro para crear unha xoia coa proporción do 100%, diriamos que é de 24 quilates. Se utilizásemos un 75% de ouro e un 25% doutro metal, obteriamos unha aliaxe se 18 quilates, quizais o índice de pureza áurea máis común na ourivería europea.
Unha das moedas características do imperio romano tardío é a siliqua. Feita en prata, valía a vintecatroava parte do solidus, moeda esta de ouro creada nos inicios do s. IV polo emperador Constantino. O solidus pesaba 4,5 gr dun ouro que se garantía de gran pureza, o que se chegou a inscribir nas moedas como Constantinopolis Obryzum ou ouro puro de Constantinopla, habitualmente coa abreviatura de CONOB e outras derivadas. O solidus tiña máis moedas fraccionarias como o semis, que valía a metade, ou o tremissis ou triente, cun valor dun terzo de solidus. Pero agora e en relación co tema que nos ocupa, interésanos a siliqua. e non por casualidade o nome científico da planta do algarrobo é Ceratonia siliqua.
A publicación de 2002 “Estudio de frutos carbonizados de Herculano conservados en el Museo Arqueológico Nacional” dos investigadores M.A. Sánchez e J. Juan, di sobre esta planta que “Las semillas se encuentran en el interior de la vaina, son muy duras y suelen tener la misma forma y peso (unos 200 mg) por lo que los árabes las utilizaron para pesar piedras y metales preciosos o perlas, dando nombre e la actual unidad de medida: el “quilate””. Non deixa de ser asombrosa a coincidencia entre o nome desta moeda arxéntea romana, a siliqua, que vale 1/24 de solidus, e a pranta do algarrobo -Ceratonia siliqua- que, como vimos, utilizouse historicamente para pesar metais preciosos. Xa vimos neste mesmo escrito a relación entre romanos, quilates e algarrobas pero, por que os suevos? Todos sabemos que foi o pobo xermano que irrompeu na península ibérica o ano 409 despois d.C. Inmediatamente creou o reino de Gallaecia, tendo como primeiro rei a Hermerico e a Andeca o último. No seu territorio foron aparecendo moedas cuñadas imitando as imperiais que antes citamos, especialmente solidus e tremissis, pero mantendo as efixies dos empeadores romanos Honorio e Valentiniano III. Incluso apareceu un tremissis moi especial con referencia a unha “gallica pax”, na que algúns investigadores seguindo a W. Reinhart queren ver a primeira referencia nunha moeda ao “regnum galliciense” dos suevos no noroeste hispánico, como o denominaba Gregorio de Tours. Algunhas pódenas nunha moeda ver hoxe no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, recén adquiridas pola Xunta de Galicia da colección Orol Pernas.
Pero hai outras moedas tamén moi especiais para a historia. Son as siliquas -que non explico de novo porque xa saben o que son- nas que, lucindo o busto do emperador Honorio, no reverso aparece o nome do rei suevo Requiario. Co primeiro achado cuestionouse a súa autenticidade, pero hoxe está confirmado pola aparición de varias máis. Foi Requiario o terceiro monarca do reino suevo de Gallaecia entre 448 e 456 e artífice da súa maior expansión peninsular. Hai aínda a posibilidade doutra cuñación rexia do dito Andeca, segundo a difícil lectura dun tremissis custodiado no Museo Arqueológico Nacional de Madrid ata a súa desaparición en 1936. Tampouco podemos esquecer que o reino suevo de Gallaecia foi o primeiro independente posrromano, do ano 411, antes que o dos visigodos, cuxo reino de Tolosa data do 418 e o de Toledo, do 549. Tamén é anterior, por poñer outro exemplo, ao reino franco, do ano 482.
Cos datos que atrás adiantamos, estas curiosas moedas de prata que comparten nome coa planta do algarrobo, cuxas semillas darían orixe á palabra quilate, puideron ser, igual que o reino de Gallaecia, as primeiras cuñacións posrromanas atestiguadas na Europa Occidental nas que un monarca xermano aparece titulándose rei, acaso símbolo de afirmación e consolidación política.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CEIP ROSALÍA DE CASTRO
Xinzo pecha as Letras con “O bosque animado”
UN 14,5% DE EMANCIPACIÓN
Un 85,5% de jóvenes no tiene acceso a la vivienda en España