Julia Navarro
El PP tiene un problema
DENDE SEIXO-ALBO
Hai unha semana asistín ó acto cívico de despedida do que fora alcalde de Allariz Francisco García. Foi unha homenaxe pública na que a palabra dos oradores transmitía emoción, paixón e cariño cara unha persoa que deixou unha fonda pegada nese concello. E diante o cadaleito coa praza ateigada de xente as emocións estában moi presentes. Mais houbo unha frase que un lider nacionalista dixo e que me chamou moito a atención, pois fíxome reflexionar e incluso comparar a situación xeral da xuventude de hai trinta ou mais anos coa do tempo presente.
O persoeiro viña a dicir: “Eramos moi novos, eramos un rapaces que soñabamos con cambiar Galicia e o mundo. Con todo cambiamos Allariz”. Despois de pensar no que alí escoitei, viñéronme á memoria os tempos da mocidade e da transición política e lembrei as gañas que daquelas tíñamos de saír da escuridade da ditadura. Pois algo semellante do que pasou no concello citado aconteceu en moitos máis concellos e lugares de Galicia. Pois ate pasou no lugar onde vivo amo e sinto. Polo que os recordos axiña avivaron á miña memoria. Ano de 1976 un grupo de mozos e mozas en Seixalbo comenza a bulir e as inquedanzas fan que organizado por aquel Teleclube, na praza do lugar, chea de xente, represéntase unha obra de teatro dirixida pos Santiago Pereira.
hoxe percibo un mundo moi distinto. Pois vexo a unha xuventude e mocidade un tanto desligada dos problemas sociais e moi pouco participativa na vida comunitaria
Un tempo despois nace na rúa de Amendo número 6 á Agrupación de Danzas Populares Castro Floxo; Tamén nese tempo, despois dunha misa na Capela de Santa Ádega na que, acompañados por un Harmonio que houbo que subir por aquela empinada costa, nace Coral Agromadas, hoxe Asociación Cultural. Tamén lembro as xuntanzas en Seixalbo dos pedáneos do rural ourensán pedindo a volta dos autobuses urbanos, pois non queríamos os chamados Cercanías que non cumprían co servizo. Anos despois nace a Asociación de Veciños Sam Breixo. Asociación que levou ese nome pois no Goberno Civil pra legalizala pediron o nome dun padroeiro. E aínda que as comparación ás veces non son acaidas non podo máis que cotexar a enerxía e compromiso da mocidade daqueles anos coa situación que vive a maior parte da mocidade de hoxe. Daquelas todos tiñamos gañas de facer actividades e participabamos en todo o que se organizaba.
Lembro tamén as asembleas na praza onde, subido as escaleiras do Cruceiro, trataba de convencer á xente de que había que mellorar o lugar onde viviamos e que a asociación era unha boa ferramenta. Son moitas as cousas que quedan no tinteiro. E son moitas as cousas que mudaron para ben. Mais hoxe percibo un mundo moi distinto. Pois vexo a unha xuventude e mocidade un tanto desligada dos problemas sociais e moi pouco participativa na vida comunitaria. E moito menos comprometida cos problemas da sociedade. Cantos mozos daquela loitaron e soñaron con cambiar o mundo. E aínda que non o acadaron, o seu traballo pola sociedade, polo común, fixo que o lugar onde viven hoxe mellorara e moito.
Os concellos de hoxe nada teñen que ver cós deses anos. Polo que a frase que se dixo nese acto de despedida dun bo veciño, dun loitador polo común e por Galicia en xeral, deixou un arrecendo de agradecemento público cara unha persoa que como moitos daquel tempo, en toda esta terra traballaron por unha sociedade mellor. Todos daqueles anos soñamos con cambear o mundo, non o acadamos, máis con esforzo melloramos a vida dos nosos pobos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Julia Navarro
El PP tiene un problema
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Quixemos cambiar o mundo...
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
VOX quiere gobernar
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Una jota aragonesa
Lo último