Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta que fue bodega en la calle Hernán Cortés
Pois sí que me alegro do nomeamento de "Fillo Adoptivo de Madrid" ao cineasta Pedro Almodóvar e ao cantante Raphael. Os que me seguen saben perfectamente da miña admiración tanto por un como polo outro. Co primeiro descubrín un cine divertido, transgresor, moderno e colorista; co segundo descubrín desde moi neno que eu quería ser coma el, artista, moi artista; evidentemente non lle chego a ningún dos dous á sola dos zapatos, pero no seu día foron modelos a seguir, xa que tanto un como o outro puxeron o mundo por monteira e desafiando todo o que houbera que desafiar fixeron o que lles pedía o corpo.
Viaxaron desde a Mancha e desde Andalucía cara ese Madrid acolledor e cheo de oportunidades para quen as sabía buscar, e para quen non se amedrentaba diante das adversidades ou dos pequenos ou grandes atrancos que todos imos atopando pola vida. Un e outro conseguiron facer realidade os soños da nenez e da adolescencia, un e outro racharon con moitos moldes, cada un na súa época, tanto se era escandalizando a unha parte da sociedade aínda medio trastornada polos efectos da dictadura co seu "Pepe, Luci, Bom y otras chicas del montón", como se o outro convencía a propios e estraños que aos artistas hai que velos sentados, non bailando, e se hai que xesticular ata o infinito pois xesticúlase e non pasa nada, ao fin e ao cabo "que sabe nadie".
Nesto da concesión de premios, e sobre todo se son institucionais, sempre rolda o perigo de que alguén non estea de acordo; alégrome que neste caso, con algún pequeno "pero", todos os grupos políticos votaran na mesma dirección, como no seu día o fixo en Moaña toda a Corporación Municipal para outorgarlle o mesmo título ao gran Xil Ríos, ao que en Ourense sempre recordaremos con cariño por ter gañado o Festival do Miño. E alégrome moito porque os premios, calquera premio, sempre xenera controversia e non poucos celos e recelos dentro e fora da profesión. Alguén pode pensar que minto descaradamente cando afirmo que a min o único premio que me importa na miña carreira é seguir contando co cariño do público; pero podo asegurarlles que así é, aínda que lle estea moi agradecido a todas as institucións e colectivos que tiveron a amabilidade de recoñecer o meu traballo.
E aí están os fantásticos traballos de Raphael e de Almodóvar, aí están as súas carreiras con millóns de incondicionais, e aí están dúas vidas dedicadas enteiramente ao oficio de entreter, que non é pouco oficio; e estou encantado de que o concello da Capital do Estado lle conceda a súa máxima condecoración, que lles vai permitir a estes dous fenómenos, e nunca mellor dito, presumir de ser profetas na súa terra de adopción, desa cidade da que eu sempre dixen que é acolledora coma ningunha, e na que ningúen che pregunta nin de onde vés nin a onde vas. En Madrid aos dous días de chegar xa eres madrileño, aínda que rexentes a pensión "La Segoviana", o restaurante "Rías Baixas" ou a vinoteca "Do Ribeiro".
Ogallá que podamos seguir gozando do cine de Almodóvar e das cancións de Raphael por moito tempo, e dá igual se un foi do "sindicato da cella" e o outro cantou para a "Señora de Meirás". A vida é a que é en cada momento, e os artistas son artistas por riba de todo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta que fue bodega en la calle Hernán Cortés
TAL DÍA COMO HOY
Curiosidades de “Cuento de Navidad”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Lo peor de las reacciones
Julián Pardinas Sanz
El "tonto útil" de la política
Lo último