Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Polvo en el viento
ARTE ET ALIA
Regresa desta volta a Ourense esta peculiar artista das terras de Valdeorras e do Bierzo, territorio leonés, un dos límites da influenza e expansión do galego, ergo da galeguidade. Logo da súa recente presenza de arte en 2024 na galería Dodo Dadá con “Tres paradas y una puerta que es un milagro”, que nos permitiu decatarmos como desenvolveu unha idea conceptual nun triduo conclusivo, unha ascensión en tres chanzos até o portalén simbólico da experiencia diáfana con debuxos, pinturas, plástico translúcido e obra téxtil. Unha narrativa como guía condutista dun camiñar guiado para un fin transformador, o da arte. A riqueza deste camiño, cheo de ensinanzas como sinalou Kavafis en “Ítaca” con precisos versos, amosounos o seu quefacer. Así pois, dende aquela presentación da artista, achegueime até a sala do primeiro andar da Deputación co gallo de deixarme sorprender da mise en scene comisariada por Marita Carmona, galerista da DodoDadá, e pintora. Ante os nosos ollos abriuse un proxecto expositivo ben estruturado no amplo espazo rectangular, no que moitos dos artistas apenas amosan obras con variantes, sendo como é unha proba iniciática...
Reme Remedios (María de los Remedios Carrera Fernández, 1972) fala en “Romiña” da súa terra de Santa María de Casaio (Carballeda de Valdeorras), no extremo nordeste provincial. Así o achado recente dunha ceca -fabricación monetaria- do reino Visigodo no Penedo Xudío, o Cassavio do Parrochiale suevum. Na parroquia foi docente Antón Pulido, artista que pintou este lugar montesío da serra da Pena Trevinca, teito de Galicia, no que se acha o único bosque de teixos de Europa, árbore con simbolismo sagrado. Son contextos para poñer relevo a terra berce desta especial artista. Esta exposición fala dela e da súa percepción da vida no seu micro-mundo romiñense, dende as primeiras experiencias vitais. Este é, ante todo, espazo de comensalidade, que plasma no mapa-alfombra do medio da sala, cunha pequena peza escultórica cerámica e xente debuxada arredor, 2026, declaración de principios. Dende este centro, hai un eixo até os extremos lonxitudinais da sala, colocando con simetría dous trípticos pendurados, con imaxes pintadas sobre plásticos translúcidos, unha con anxos, levando a do centro, moi feminina, unha mazá, e no da dereita o binomio home/muller a ámbolos lados da pintura dunha muller sorrindo baixo da que se pode ler Gracias, acrílico sobre tea, de 2004. É se buscas milagros mira, concepto xa presente na DodoDadá. Velaí unha liña de forza. Na parede varios cadros que denomina altares, 2017-2220, e nunha repisa unha desas imaxes de santa Teresa de la Cruz estilo Olot, que foi da súa nai. O peso do relixioso aboiando con forza. As pinturas Mujer-ciervo, o díptico da Loba e a Raposa, 2004, e a ambos lados da entrada as grandes instalacións dos Muxiños, 2026, ducias de debuxos negro sobre branco, equilibran a disposición en sala desta artista tan visual. Na vitrina, significadas obras con moito de biografía e, en paralelo, o díptico dunha nena que nunca miraba aos ollos e tiña seis desexos, de 2004, cos rostros invertidos. A directora de “Dosmilvacas”, Ponferrada, onde busca integrar arte e creatividade, e dende o persoal busca o universal, cara a luz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Polvo en el viento
ARTE ET ALIA
RemeRemedios, e a terra nai de Casaio, Romiña
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Entre Louro, Carnota y o Pindo, el mitificado olympo celta
Alexandre Lodeiro Pereira
DIARIO LEGAL
Exenciones de contribución a los gastos en obras de accesibilidad para comunidades de propietarios
Lo último
OURENSE NO TEMPO
A.D. Couto
SITUACIÓN MUY DELICADA
El Arenteiro sigue sin solución
15 AÑOS DE DISPUTA
El Parque Natural do Xurés recupera su espacio protegido en Lobios