Lalo Pavón
O respecto ás siglas
Acaba de anunciarse unha moción de censura en Rairiz de Veiga para descabalgar á alcaldesa socialista, que obtivera maioría absoluta en 2023. A moción está firmada polos dous concelleiros do Partido Popular, outros dous do Bloque Nacionalista Galego e outro máis -que fai viable a operación-, membro ata o de agora do propio grupo socialista. Dí a aínda alcaldesa que o seu edil disidente súmase a esta proposta por razóns estritamente persoais, ao non consolidar como traballador do concello a un sobriño do edil díscolo.
Dando por boa a afirmación de Asunción Morgade, que así se chama a rexedora limiá, resulta difícil de asumir que quenes acceden a un cargo institucional movidos pola vocación de servizo -se supón- aos seus veciños, unha vez dentro muten de principios e ese altruismo en pos do ben común convértese nunha pelexa polo beneficio propio ou o dos churumbeles da familia, entre outras cacicadas. Atendendo á historia municipal parece claro que os veciños aproban ou toleran este tipo de actitudes, pois o cambalache político -non sei o ideolóxico- é unha figura con arraigo no territorio municipal.
A actual alcaldesa socialista foi número dous do PPdeG ás municipais de 2015, candidatura que obtivo unha contundente vitoria, encabezada polo daquela alcalde, Rodríguez Ambrosio. Este, pola sua parte, iniciarase na política municipal vinte anos antes como concelleiro do BNG, desempeñándose como tenente de alcalde ata 1999, comicios nos que accedeu á alcaldía e que iría revalidando sucesivamente ata 2007. Dous anos despois abandonou aos nacionalistas para encabezar a candidatura do PP en 2011 e 2015, nas que volveu a gañar con maioría absoluta, aínda que pouco despois tuvo que deixar a política, condenado por prevaricación. A sua sustituta foi a popular Morgade, que vencería tamén por maioría absoluta as eleccións do 2019 cunha lista na que ía xente de confianza de Ambrosio, que os pata negra do PP rexeitaban. En 2023, o seu partido decidiu retirarlle a confianza e situar a outro candidato á alcaldía, pormenor que non foi obstáculo para a alcaldesa, que se situou á fronte da candidatura dos socialistas e volveu a revalidar a maioría absoluta.
E logo escandalizámonos de que Sánchez concedese pátina de progresismo a Junts só polo seu apoio. Viva a coherencia
A evidencia avala o tirón popular de Morgade e antes o de Ambrosio, que consolida a estendida percepción de que as siglas son a muleta imprescindible para tocar poder. Despois, parafraseando a Rajoy pasan a ser apenas “esos señores -e señoras- dos que vostede me fala…”. Por outra parte, queda en evidencia a finura dos estrategas dos partidos armando candidaturas con case todo o que chega á porta para parecer que son máis. E logo escandalizámonos de que Sánchez concedese pátina de progresismo a Junts só polo seu apoio. Viva a coherencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último