Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Toda épica pode comezar por un silencioso poema, así como se forxa unha fortuna co diminuto gran que “axuda ó compañeiro”. Que sería da primavera sen a primeira flor! Do Camiño de Santiago sen o primeiro paso!
Lonxe e allea a todas estas filosofías, marchaba Celeste Caeiro aquel 25 de abril de hai 50 anos. Traballaba de empregada nun restaurante que precisamente hoxe está de aniversario. Os xefes teñen flores coas que agasallar ós clientes pero deciden pechar as portas por seguridade ante a sublevación do pobo nas rúas de Lisboa. Así que deciden repartir os caraveis entre todos, pois non haberá clientes nun día tan convulso. Celeste leva un mollo nos brazos cando, preocupada e abraiada, decide ir mirar que pasa. O su pobo alzábase ante tantas inxustizas que o domaban e empobrecía. Tanta indignación convertérase en rebelión. Os carros de combate e o exército tomaran a rúa dispostos a poñerlle fin a aquela vil dictadura que os oprimía. As claves para o posicionamento do golpe chegaban en forma de cancións. Na radio soa “E depois do adeus” e ó pouco tempo “Grándola Vila Morena” indicando que todo transcorría según o previsto. Co seu ramiño de cravos (caraveis) nos brazos Celeste preguntoulle a un soldado que estaba acontecendo.
-Isto é unha revolución. Imos loitar contra a opresión do noso pobo para liberarnos dos tiranos. Imos a conquista da Liberdade! -dixo contundente-. Por certo... tés un cigarro?
Celeste contestou con dozura:
-Não. Eu não fumo. Teño un cravo! Se queres un, podo darcho. Un cravo dáselle a calquera persoa.
Naquel intre celestial, aquel soldado descoñecido tomou o caravel e meteuno na espingarda do fusil facendo bailar no vento aquela flor que ía ser un símbolo do sangue que non se derramou, pois foi esta a Revolución da Paz e da Liberdade do pobo portugués. Cando Celeste chega ó seu fogar, onde a esperan súa filla e súa nai (que era galega) contemplan dende a ventá como a xente aclama en voz alta portando todos na multitude o lume vermello romántico daquela corola bendecida que danzaba para redimilos. Arrecendía a flores e non a chumbo. A man branca no esplendor da primavera. A Revolución de Abril nacera dun poema entre dous seres simples e de carne. Celeste quedou na historia de Portugal como un icono. Era unha muller traballadora que laboraba un día máis da súa vida, unha mañá calquera. O pequeno gran que será pan, a pequena pedra, o pequeno paso que abre o longo camiño por descubrir.
O capitán declara conmovido:
-Non hai heroes. Hai un pobo que se une para escribir a súa historia. Todo o que hai no pobo é noso. Todo nos pertence. Non é dos gobernantes. Todo é noso!
Mentres lle aplaudía o público, el choraba. E invadía de esperanza e ilusión ós guerreiros silenciosos que arengaba. Ningún tirano ten ideoloxía. Un pobo atento e áxil pode avanzar centos de anos nun só día. Parabens ó País do Fado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”