Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las nuevas generaciones vivirán mejor
En pleno debate sobre a posible ampliación da Denominación de Orixe Ribeiro, cómpre facerse unha pregunta sinxela, pero incómoda: ten sentido medrar cara fóra cando non somos quen de coidar o que xa temos dentro?
A resposta, dende o sentido común e dende o coñecemento do territorio, semella evidente. Non.
O Ribeiro non é unha marca calquera. É historia, é paisaxe, é cultura e é o resultado do traballo de xeracións de viticultores que, en condicións moitas veces adversas, mantiveron vivo un modelo agrario profundamente ligado á terra. Concellos como A Arnoia representan mellor ca ninguén esa realidade: pequenas parcelas, infinidade de socalcos, explotación familiar, esforzo constante e un compromiso coa calidade que non sempre foi recoñecido na súa xusta medida.
O futuro do Ribeiro non pasa por medrar sen límite, senón por medrar con coherencia"
Por iso resulta difícil entender que, mentres se formula a incorporación de novas superficies á denominación, existan arredor de 8.000 hectáreas de viñedo tradicional abandonado dentro do propio Ribeiro. Oito mil hectáreas que non son unha cifra abstracta: son socalcos caídos, cepas perdidas, camiños pechados e oportunidades desaproveitadas.
Antes de abrir a porta a novos territorios, a prioridade debería ser clara: recuperar, reactivar e poñer en valor ese potencial xa existente, aproveitando as facilidades que ofrece a lei, ou mellorando e actualizando leises ancestrales que nos bloquean o desenrolo do noso rural.
Ampliar unha denominación de orixe non é unha decisión neutra. Ten consecuencias económicas, sociais e territoriais. Significa aumentar a oferta, modificar equilibrios internos e, en moitos casos, intensificar a competencia entre produtores. Se esa ampliación non vén acompañada de medidas que garantan a viabilidade das explotacións actuais, o resultado pode ser xusto o contrario ao desexado: máis abandono, máis desigualdade e unha progresiva perda de identidade.
Porque ese é outro dos riscos que apenas se menciona: o de diluír o que fai único ao Ribeiro. Non todos os territorios son iguais, nin todos os solos, nin todos os climas, nin todas as formas de traballar a vide. Equiparar realidades distintas baixo unha mesma etiqueta pode ser tentador dende unha lóxica expansiva, pero é perigoso dende a perspectiva da calidade e da autenticidade e da propia identidade comarcal.
Arguméntase, en ocasións, que a ampliación permitiría gañar músculo económico e proxección exterior. Pero, que músculo pode desenvolver unha denominación que deixa sen atender miles de hectáreas produtivas no seu propio territorio? Que imaxe proxecta unha marca que medra sen consolidar a súa base?
O futuro do Ribeiro non pasa por medrar sen límite, senón por medrar con coherencia. E a coherencia, neste caso, esixe priorizar o propio: apoiar ao pequeno viticultor, facilitar a recuperación de terras abandonadas, impulsar a cooperación e modernización do sector e reforzar a calidade como principal sinal de identidade, mantendo sempre a marca Ribeiro, por encima de calquera outro nome, anque este sexa o da variedade mais relevante da D.O.
Non se trata de pecharse ao mundo, senón de ordenar as prioridades e a primeira e consolidar, despois xa se poden estudiar outras.
Defender esta posición non é inmobilismo. É responsabilidade e defensa da nosa identidade.
Porque, na opinión de iste humilde alcalde, ampliar unha denominación con miles de hectáreas abandonadas dentro dos seus límites non é unha estratexia de futuro, é unha fuxida cara adiante, contradictoria e sin pes nin cabeza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las nuevas generaciones vivirán mejor
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
El destructor Simón-Sánchez
Manuel Orío
RECORTES
Abrir las ventanas
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Perlas fronterizas
Lo último
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense
REFORMA INTEGRAL
Freno al deterioro del Ponte de Umoso, en Viana do Bolo
PREPARACIÓN DEL MONTE
Los cortafuegos, un recurso de prevención frente a los incendios en Laza