Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
PINGAS DE ORBALLO
Solicitei o pago dos quince ou vinte minutos que lle dediquei ao silencio. O silencio é bonito, sempre foi fermoso, pero, para un laretas coma un servidor, é complicado manterse calado.
Dicía Confucio que o silencio é o único amigo que xamais traizoa. E o ruído? Este tampouco traizoa. Onde estea o ruído do mar, dunha cascada, dunha fervenza... ía dicir que desaparecese o silencio, pero non: poden compaxinarse, xunguirse nunha harmonía marabillosa. A proba téñoa en calquera fervenza, na do río Gorgua, por exemplo, onde o ruído e o silencio convivían nunha soidade espléndida cun ruxerruxe celestial, máxico, caralludo.
Silencio e ruído, ruído e silencio. E que a nostalxia se suba á Perla Negra para sucar os mares da existencia. E que a morriña sente á beira dun palleiro para imaxinar -sen ver- unha figura diante dun espello. Agora, que cada quen se ilusione co verso libre do poema.
O bulicio, o rumor agarrado ao instante da quietude, da calma -e en silencio- é como bailar unha muiñeira sen pandeireta nin tamboril
Dedicarlle tempo ao silencio debería ser gratis. Xa estou algo arrepentido de solicitar tal pago. Non hai como a soidade ben levada, adobiada con algúns segundos de rebumbio. O bulicio, o rumor agarrado ao instante da quietude, da calma -e en silencio- é como bailar unha muiñeira sen pandeireta nin tamboril. Agora, que cada quen asubíe, ás doce da noite, un tema de Ennio Morricone.
O silencio é a gran arte da conversación, aseguraba o humanista William Hazlitt. Certo. Só o silencio é quen de dicir algo sen facer ruído. Silencio e ruído, ruído e silencio; definitivamente, non teñen prezo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión de los dos accidentes ferroviarios que dejan 114 muertos
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total