Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
Veño de ler, con iste tiduo, un artigo de A. Montero.
Sorprendeume, por inusual, a cantidade de verbas coa grafía X, que, despois de contalas, da un total de 27. Si temos en conta que a X, en galego, tén un único son, que é o da sh inglesa (show), o citado artigo mostra as verbas "exposto", "próximas" e "texto" (esta 5 veces) incorreutas (un 30%). Nestas, aplícalle o son KS (teksto) que, aínda que se dese o improbable caso de que estivese permitido, tería unha norma reguladora, que non tén. Esta xente, nistes casos, adoita xustificalo co reiterativo argumento de que pertence ó "galego culto". Debe ser o mesmo criterio que leva ó autor a escribir "lingüística" e "monolingüe", cunha diéresis que, si bén é necesaria no castelán, pra diferenciar cando unha G tén o son de J, no galego é completamente innecesaria por non tér o noso idioma o son J (a non ser que o precise no "galego culto", porque o mesmo autor emprega a verba "ignoro").
Aparte de escribir a(h)í, sin a preceutiva H, emprega a C velar, refugada do galego dende séculos, i en outros casos non. Tamén se suma á moda do uso do condicional SE, en troques de SI, cando SE foi sempre unha licencia permitida do oficial SI.
O Sr. Montero non foi quen, no seu paso pola Presidencia da RAG, de normativizalo acento ortográfico, imprescindible na escrita da Lingua Galega e obra en consecoencia: nunhos casos aplícao i en outros non. Mais o que me parece raro nil é que escriba "e é de xustiza", sabendo que niste caso procede o emprego de I, pra evitar o iato, e iso por moita teima que lle teña ós que il denomina "ífilos".
Ou sexa: que pra ser un artigo normal deixa bastantes mostras de como respiran os muñidores da nosa lingoa. E nos con istes pelos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados