David Alvarado
O negocio da apocalipse
Espero ser quen neste artigo de expresar todo o que Miguel Ángel Santalices Vieira aportou nesta década ao noso sistema político. Espero facelo sen trufar esta columna da máis que simpatía e amizade que nos profesamos e das moitas vivencias compartidas. Falarei “stricto sensu” do seu perfil: ninguén o ten mellor para desempeñar o alto cometido que o pobo de Galicia lle ten encomendado. E penso, para empezar, que Miguel é vocacionalmente Presidente do Parlamento. Outros teñen outras vocacións pero non coñezo a outra persoa que encaixe mellor no cargo que exerce con tanto acerto. Feijóo antes e Rueda despois elixiron moi ben.
Galeguista dende o berce, mamou a tolerancia e o respecto dende cativo na súa familia. Espazo onde recibíu finezza de carácter da súa Nai e sabios consellos na botica de seu Pai, establecemento que frecuentaban moitos grandes nomes que tanto teñen contribuido á nosa identidade como pobo diferenciado. Posiblemente de seu tío avó Faustino Santalices, referente da nosa música, herdara tamén esa forma de levar a vida, e os debates parlamentarios, onde interpreta á perfección as partituras das competencias da nosa nacionalidade histórica cunha ferramenta que manexa como ninguén: a retranca.
Múltiples exemplos que debuxan a súa rica personalidade, culta, europeísta, humanista…un compromiso tenaz pola mellora da veciñanza, e velaí os moitos recoñecementos colleitados dende ser fillo predilecto da asociación de viúvas a selo adoptivo do concello de Muiños.
Aquel rapaz de Bande que adicou pouco tempo á Medicina que estudou e que entrou con éxito na xestión hospitalaria fixo méritos sociais e votos, nunca mellor dito, para incorporarse á política en 1997, sempre en candidaturas ao noso Parlamento. Un grandísimo voceiro en materia de sanidade, capaz de convocar ao consenso e co diálogo como bandeira, sempre valorado positivamente polos seus adversarios. Un Doutor da política. Tiven a honra de compartir escano con él e que me sustituira na vicepresidencia da Cámara lexislativa, movemento que propiciou o primeiro Parlamento con maioría absoluta feminina. Todos os que o coñecemos somos testemuñas da súa facilidade para empatizar e relaxar unha situación tensa con algunha anécdota acaída que sempre provoca o escenario perfecto para o acordo.
Estar con él no cuarto douscentos tres do sanatorio do Centro Galego de Bos Aires onde morreu “o inmorrente” Castelao ou interpretar o himno galego de xeito espontáneo con representantes de tódalas forzas políticas parlamentarias no vestíbulo de entrada son momentos que fican para sempre na miña memoria. A súa reacción no hemiciclo no desvanecemento do Presidente Fraga é outra pasaxe para non esquecer. Múltiples exemplos que debuxan a súa rica personalidade, culta, europeísta, humanista…un compromiso tenaz pola mellora da veciñanza, e velaí os moitos recoñecementos colleitados dende ser fillo predilecto da asociación de viúvas a selo adoptivo do concello de Muiños.
Un referente para os colectivos sociais e tamén para os máis vulnerables, liderando con eficacia grandes logros para todos como foi a consecución da unidade de hemodinámica para Ourense. Simboliza o político vintecatro horas e todo terreo, sempre disposto a acudir onde sexa necesario e con consellos que amosan o seu criterio político, respectado como poucos. Humilde en grao máximo e cunha gran capacidade de adaptación a tódolos escenarios, esté nunha manifestación co pobo ou compartindo acto oficial co Xefe do Estado. Mención aparte merecen o seu vencello co Arte e cos artistas (Xaime Quessada en primeira liña) en incontábeis exposicións e proxectos culturais que foi quen de levar adiante e tamén a súa aposta persoal de abrir o Parlamento á sociedade galega facendo que nos pertenza aínda máis.
Dez en inglés dise ten. Dez anos de Santalices Presidente. E Santalices ten. Ten equidade, ten moderación, ten responsabilidade, ten equilibrio e ten lealdade dabondo ás persoas e ao territorio. Seguíu a estela das virtudes dos que antes exerceron a presidencia bebendo das fontes da nosa historia parlamentaria, incluido o “pasou o que pasou” do ilustre xurista Iglesias Corral, e aprendendo doutros mestres da retranca como o seu admirado García Leira. O diario de sesións, videoteca incluida, recolle fidelmente as virtudes da súa presidencia, a palabra xusta no momento preciso, un modélico exercicio de defensa dos intereses de Galicia.
Teño claro que é un dos “bos e xenerosos”. E teño tamén claro que Teruca é unha porcentaxe moi importante da súa grandeza. Nestes dez anos é de xustiza recoñecer a súa arbitraxe da política galega. Darlle a noraboa por tódolos seus éxitos, que son os de todos. Pero tamén darlle a Noraboa ao Parlamento de Galicia por contar cun Presidente como Miguel. Un dez. Parabéns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CENTROS VALENCIANOS EN EL EXTERIOR
Convenio entre el Consell, el Ayuntamiento de València y la Junta Central Fallera para facilitar la participación de los CEVEX en las Fallas
HOMENAJE DEL CRE DE PARÍS
Antonio García Tejedor, a sus 99 años es el consejero en activo de un CRE, más longevo del mundo