Julia Navarro
El error
O AFIADOR
O escándalo desatado ca publicación do informe policial que responsabiliza a Marrocos de estimular a toma das ruas de Ceuta por parte de milleiros de cidadáns procedentes do país magrebí, levou ó PP a pedir por enésima vez a convocatoria de eleccións xerais, ás que Sánchez resposta que “cando toque” o el crea oportuno, dado que é o que ten a facultade para facelo. Da a impresión de que a impaciencia por gobernar está provocando nos populares o manexo de mensaxes atropeladas que devalúan, cando non neutralizan, a sua estratexia opositora.
A Pedro Sánchez dalle igual o que reclame Feijóo, centrado como está en tratar de apagar os lumes políticos que se lle amontonan ó seu Goberno cada mañá nos xulgados, no partido e no seu despacho. O último -cando se escriben estas líneas, pois cando vostede as lea igual xa hai outro que o tape-, o xa citado informe elaborado a policía a petición xudicial, no que atribuiría ao réxime veciño norteafricano ter sido protagonista activo na organización do asalto ao territorio ceutí.
Pode ser discutible cal era o obxectivo último desta espectacular operación: dende unha forma de presión marroquí sobre a africanidade das duas cidades autónomas españolas veciñas ou exercer de brazo executor de potenciais desquites por parte de Estados Unidos ou Israel (ou os dous xuntos) polas críticas do Goberno español, con toda a razón do mundo, ás políticas belicistas de ambos países). O que non se pode admitir é que os ministerios con competencias e a propia Moncloa ignoraran calquera movemento previo ao asalto, como se a concentración de ducias de milleiros de persoas situadas a tiro de ballesta do territorio ceutí poidera pasar desapercibida (e si así fose, terían que haber sido cesados en cuestión de horas todo o servizo de intelixencia, os seus responsables operativos e os políticos). Polo tanto, hai que colixir que estos últimos mentiron descaradamente.
Mentiron, tamén, con descaro, garantindo a inocencia de Marrocos na operación, seguramente levados pola importancia estratéxica deste país para España dende o punto de vista político e comercial. Eiquí é donde erra o PP, pois con expectativas serias de gobernar a curto prazo, semella un tiro no pé pedir represalias contra un país veciño con tantos intereses de por medio, pois os electores adoitan esquecer este tipo de diatribas, pero Marrocos, non. E ese previsible goberno popular terá que negociar, queira ou non, cos agora inimigos e asubiar cando os validos do sátrapa alauí lancen algunha bravuconada, como cando invadiron Peregil. É demasiado o que hai en xogo como para pisarse a mangueira en serio. Como dicía Sáenz de Santamaría, na alta política hai cousas que non se poden facer; se se fan, non se poden saber. E si se saben, negalas sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Julia Navarro
El error
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Septiembre con olor electoral
Lalo Pavón
O AFIADOR
Santamaría tiña razón
Berto Manso
LA OPINIÓN
Es capaz de discutirlo todo
Lo último
Accidente de Angrois
Fiscalía de Galicia pide el indulto parcial para el maquinista del Alvia
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 4 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 4 de septiembre