Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Eliot Ness contra el cibercrimen en Ourense
TÍA MANUELA
Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual que choran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundo organizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias temporais e do tempo. El era así e non hai nada que pensar nin nada que facer. Quería falar do tren e non podía, quería que o mundo reparara as inxustizas e non era quen de conseguilo, non podía pensalo e tampouco se atrevía a contalo.
Aquel home escondíase detrás do seu silencio apoucado, detrás da xustiza social que reclamaba e ao lado da ponte que colapsaba. Brillaban os seu ollos ao sentir medrar o monte que se queimara. Eran os mesmos ollos que choraban cando, uns meses antes, tódalas esquinas alampaban e fumegaban sen parar. Un suplicio, un verdadeiro calvario que acompaña ao corpo doente e á alma perdida e chea de pesadume e de pena.
Quen será responsable dos desastres ferroviarios, dos continuados retrasos de cada día, das cousas que pasan?
Un desastre e despois outro. Veñen seguidos e neles perden os mesmos, sempre perden os mesmos, os débiles. É igual que o refrán: “se dá o cántaro na pedra ou a pedra no cántaro, perde o cántaro”. Pero, os políticos que mandan ou queren mandar, e os poderosos, que aínda queren mandar máis, deberían ter presente a opinión de Mario Benedetti, “quen o había dicir/ os verdadeiramente débiles/ nunca se renden”.
As inxustizas, a sen razón, as présas, o egoísmo e a ambición, son males que os mandatarios públicos deberían curar con eficacia, para seren libres e, con esa liberdade, seren xenerosos e xenerosas. Quen será responsable dos desastres ferroviarios, dos continuados retrasos de cada día, das cousas que pasan? Quen será? Ninguén sabe nada. A poboación está ás escuras e quen ten a chave non quere acender a luz.
E como se quixesen erradicar as evidencias e mentres tanto distráense pelexando entre eles e entre elas. Dende esta modesta tribuna, a Tía Manuela pídelles sosego e resolución, atención aos servizos públicos e consideración á cidadanía, aos homes e mulleres deste mundo, que é de todos e no que todos caben (cabemos). Os que exercen a gobernanza deberían, por todos os medios, evitar o conflito e a dispersión da atención, para centrarse no feito de que a cidadanía é unha pluralidade de persoas iguais en dereitos e sempre respectable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Eliot Ness contra el cibercrimen en Ourense
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El autoengaño
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
La única salida para superar esta vergüenza
Francisco Muro de Iscar
Toda la culpa siempre es de la derecha
Lo último
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura
GALICIA, EN NIVELES EXTREMOS
Ourense roza la máxima de calor y marca la mínima del temperatura en Galicia