Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
TÍA MANUELA
Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa onde nacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleiro curral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra mollada no peteiro, con barro e herbas miúdas. Estaban preparando o leito para pór os ovos e deitarse sobre eles, para chocalos ao longo de quince días. Nese mesmo niño estarán os pitos, arredor de vinte días, coidados e alimentados con insectos que lles levan á boca os proxenitores.
As andoriñas son da familia dos hirundínidos. A súa parte superior é de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas. Son fermosas e voadoras de grande resistencia, con ás rematadas en punta e coa cola gallada. Elas marcan os ciclos do pasar do tempo, sinalan etapas e lembran costumes de vida. Cando se retrasan ou faltan, algo está ocorrendo.
O noso amigo escoitou o cuco e emocionoulle o seu cantar
Cando chegan as andoriñas, chega a primavera e o cuco anuncia cantando o seu canto, cu-cu, polos amenceres de cada día. Como di o refrán, que repetían as xentes do rural, “se o cuco non vén antes de mediados de abril, ou morreu ou é un ano moi ruín”. O noso amigo escoitou o cuco e emocionoulle o seu cantar. Gustoulle menos a actitude destes paxaros, que poñen un ovo nos niños doutros paxaros para que os choquen e manteñan aos pitos, mentres a parella de cucos adultos, no mes de xullo, colle voo e vaise para aproveitar o clima cálido de África.
Neste tempo tamén chama a atención a curuxa, unha ave de cor parda dourada, branca e cinsenta que canta polas noites e que aparece referenciada con ironía en moitos ditos populares, como este: “cregos, frades, curuxas e choias, dou ao diaño esas catro xoias”. O seu curuxar tamén serve para indicar o tempo ou o cambio de tempo, “curuxa noiteira, malladores á eira” e “curuxa tardega, auga noitega”.
Alí, naquel lugar, ao carón do curral onde aniñaban as andoriñas, despois dos cantares da curuxa e do cuco, pola mañá, coas primeiras raiolas de sol, escoitou un son, up-up-up, e de contado fóronlle os ollos á crista eréctil dunha bubela, que andaba na esquina do prado á procura dunhas larvas. Como di a Tía Manuela, “menos mal que aínda queda o sinal dalgún paxaro”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior