Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Todas as mañás antes de ler a prensa, escoitar a radio, ver a televisión, ou algunha páxina do libro que estou lendo (aconsello “La patria en la cartera” de Joaquín Bosch) e inmediatamente despois de asearme e de almorzar; dedícolle unha hora ou dúas, depende da dificultade, a facer o encrucillado e o sudoku, co obxectivo de forzar a memoria, a capacidade espacial, adaptación ao entorno, a resolución de problemas, en definitiva as funcións máis complexas do intelecto. Pero a pesar de todo o esforzo, cada vez que leo a prensa comprendo menos a conducta humana, non vou a cifrar as preguntas por atoparme eu nun nivel de baixa estimación:
Como é posible que centos de persoas se mobilicen, tratando de impedir que o fillo máis novo de Juana Rivas sexa entregado ao seu pai Francesco Arcuri, como indica a sentenza ditaminada por un xuíz italiano? Chega a tales niveis de apoio popular que, ¡oh!, intervén unha Ministra do Goberno, Sira Rego, titular de Xuventude e Infancia, anunciando a tramitación da modificación da “Lei de protección á infancia”. Ademais o Concello de Maracena (Granada) envía unha misiva ao Ministro da Presidencia para que se impida a entrega do rapaz o seu pai. Chegándose a enviar cartas ás “Nacións Unidas”, a Amnistía Internacional e a Save the Children. O tema é a dor que xenera, que é de tal envergadura que deixa a morte de centos de gazatíes, que diariamente morren de inanición por falta de alimentos ou polos disparos de cazadores de humanos disfrazados de humildes Franciscanos e Dominicos mendicantes. Conclusión, moitos cidadáns están máis preocupados polo fillo de Juana que polo xenocidio do pobo gazatí.
Chaman á porta, como eu estou na segunda planta abre a miña filla, que está pasando uns días con nós
Sinto vergoña de ser un privilexiado cidadán europeo que observa sen coste algún a hipocresía dos gobernos da UE, incapaces de intervir co procedemento máis eficaz para exixir o cesamento do fogo ao exército sionista e deter, para ser xulgados como criminais de Guerra, aos xenocidas do goberno Israelita, especialmente ao seu Primeiro Ministro Benjamín Netanhaju.
Chaman á porta, como eu estou na segunda planta abre a miña filla, que está pasando uns días con nós. Non hai ninguén, debeu ser o vento que está soprando moito. Cando intentei seguir escribindo, notei un roce no ombreiro. Era a “Sombra”, que aproveitando a intensa claridade que había na habitación murmuroume “As árbores da estrada de Celanova están condenadas encomezando polas que están no centro da calzada” a felonía aniño no corazón dos que venden ou compran vontades, e lembrando unha frase do corrupto financeiro Juan March Ordinas: “Todos teñen préceo e se non o teñen é que non serven para nada”. A Sombra tratando de gañar a miña confianza cifrou o seguinte enigma: “Os fungos na Légamo secaron o romeu, os fillos do volcán son as vítimas de felóns que en Sicilia conviven coa mafia e pouco valen”.
Última noticia: O equipo da corrupción incorpora aos presuntos corruptos: Cristóbal Montoro (Presunto Golpe de Estado), Volodimir Zelenski (Imitador de Lerroux), Donald Trump (Presunto corrupto en todo). Desgrazadamente todos eles teñen prezo. Pero non esquecemos que o máis corrupto, felón e criminal é Mohamed bin Salmán?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último