José Manuel Torralba
Baterías atómicas: 50 años de energía sin tener que recargar
¡BUONE VISIONI!
Entre os deportes máis retratados polo cinema está o baloncesto, xunto co boxeo e as artes marciais. En tempos recentes, non podemos esquecer as magnificas dúas tempadas da miniserie de ficción “Tempo de victoria” - dispoñible en HBO Max – a serie documental “El útlimo baile” de Netflix sobre Michael Jordan e os Chigado Bulls ou outra serie de non ficción, “Celtics City”, estreada o ano pasado en HBO Max. Non sempre o drama deportivo está directamente relacionado coa competición. O filme de Ben Affleck, “Air” (2023), por exemplo, vai sobre a historia da creación da marca de zapatillas Air Jordan. En “Air” a competición trasládase dende as canchas aos despachos, entre axentes sen escrúpulos, empresarios visionarios, xuntas directivas, consellos de administración e departamentos de marketing. Outra película que trata directamente estes aspectos menos visibles do baloncesto é o último filme do director francés Anthony Marciano.
Marciano demostra unha vez mais o seu talento pola comedia, pero o gran mérito do filme recae sobre as boas interpretacións de Jean-Pascal Zadi e Raphael Quenard
“El sueño americano” trae inspiración da historia real de Bouna Ndiaye e Jéremy Medjana, os fundadores de Comsport, unha das axencias más influentes do baloncesto francés e internacional. A película é unha dramedia que conta sobre os comezos dos axentes. Inicialmente, os dous eran uns afeccionados ao baloncesto. Jérémy, estaba atrapado tras o mostrador dun videoclub en Amiens, mentres Bouna era limpador no aeroporto de Orly. Sen contactos, sen diñeiro e cun nivel de inglés moi baixo, ninguén prediría que acabarían como uns representantes de renome na NBA. Pero grazas á paixón absoluta polo baloncesto, a unha inquebrantable amizade, e a un olfacto especial para captar talentos sen explotar, conseguiron abrirse pouco a pouco camiño no sector. Despois de coleccionar un desastre tras outros, unha débeda máis grande ca outra, conseguiron colocar a xogadores como Evan Fournier, Ian Mahinmi, Rudy Gobert ou renegociar o contrato de Nicolas Batum cos Portland Trail Blazers en 2012 por 46 millóns de dólares durante catro anos – un dos seus logros máis importantes.
Marciano demostra unha vez mais o seu talento pola comedia, pero o gran mérito do filme recae sobre as boas interpretacións de Jean-Pascal Zadi e Raphael Quenard. A química entre os dous protagonistas é verdadeiramente especial. Así que é moi fácil simpatizar por eles e deixarse levar polas súas aventuras.
“El sueño americano” é unha película moi entretida, agradable e de bos sentimentos. É cine popular, pero no bo sentido da palabra. Non é un filme que adoza a realidade, simplemente faia máis levadía.
O título é case unha reinterpretación do concepto clásico do soño americano. Os protagonistas desta historia no renuncian as súas orixes e tampouco aos seus valores para facerse un oco no mercado da NBA. É mais ben un ‘soño americano á europea’. Os esforzos, sacrificios e dedicación que teñen que asumir para entrar no mercado estadounidense, non os converte en empresarios sen escrúpulos. Quizais este sexa a mensaxe máis contundente – e positiva - que transmite o filme.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Manuel Torralba
Baterías atómicas: 50 años de energía sin tener que recargar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa