Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Seguramente o primeiro europeo que chegou a Sri Lanka -que el chamou Ceilán- foi Marco Polo, alá por 1295, e deixou dito nas suas cronicas, que alí se veneraba un dente de Buda ó que ía a xente en peregrinación “siccome vano i cristiani a San Iacopo in Gallizia”. Pero o segundo debeu ser de Ourense, Johan de Novoa, en 1501. Non é seguro pero moi probable, aínda que o desembarco colonizador da illa polos portugueses, para os que traballaba, foi en 1505. De todas maneiras, este macedao metido a mariño na expansión de Portugal polo atlántico sur e do Índico, andaba polo sur da India nese ano de 1501 e desde aí fixo negocios abertos e exploracións reservadas.
O caso é que a illa chamada desde o mundo grego -sobre todo deste Ptolomeo, pero xa antes- como Taprabana, foi colonizada no xeito habitual para o pobo lusitano: factorías comerciais na costa -na oeste, na que mira á India, onde está Colombo, a capital, pero tamén na Leste, ao redor da cidade de Baticaloa- e redes de alianzas e intereses cos poderosos locais, pois coa pouquidade demográfica de Portugal era impensable controlar inmensos territorios. Outro dos eixos desa colonización era promover a salvación de almas. De aí que introducisen o catolicismo na Illa e que o practique hoxe un 7% dos seus 20 millóns de habitantes. Algo de base de cristiáns nestorianos provenientes de Persia seica había, pero o impulso á cristianización veu de Portugal. Logo, a illa foi pasando a mans holandesas, ao longo dos mil seiscentos e a partir de comezos do XIX aos ingleses ata a súa independencia en 1948. As variantes cristiás dos holandeses ou dos ingleses non prenderon e hoxe menos do 1 por cento da illa as practica.
Sry Lanka -só se chama así desde 1972- non é grande -o dobre de Galicia- pero viven xentes moi diversas. Todos lembramos aos famosos “Tigres tamiles”, unha guerrila que impulsou os kamikaces modernos -máis de 190 suicidas actuaron nos anos 80- e que dicían defender á minoría tamil do norte da illa -hinduista e proveniente da India, a 32 kilómetros- fronte á maioría cingalesa -budista. Tamén hai unha minoría musulmá -onde medra o radicalismo wahabi-, outra africana -traída de África por ingleses- e outra de descendentes de europeos, sobre todo mestura de portugueses e indíxenas, aínda que tamén de algún holandés, os chamados “burghers”. A lingua crioula de base portuguesa foi devecendo desde o seculo XVII e seica está xa extinta. Seguramente moitos dos mortos dos entolecidos atentados nas igrexas do outro día serían deste grupo étnico-relixioso e levarían apelidos que soan ás orixes galaicoportuguesas, como o demitido ministro Fernando, ou como o xeneral Fonseka que derroutou aos Tigres tamiles en 2009, ou os Da Silva, de Zilwa, Perera, Foernander, Lourensz, Martinus, Peiris, Philipsz ou holandeses, como Van Cuylemburg, etc.
E todo o noso cariño para as familias da parelliña de galegos mortos, e para os cristiáns perseguidos e masacrados polo mundo adiante só por séreno. Máis de 4.000 en 2018, máis de 3.000 en 2017. O silencio non pode ser cómplice da barbarie.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Lo último
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays