Jorge Vázquez
SENDA 0011
La disciplina como motor de valor
O AFIADOR
Levamos días, se cadra xa semanas, de chuvia continua e ás veces intensa que produce sensación de incomodidade, antipatía, mal humor e ata antipatía nun amplo sector da poboación. Historicamente, a sociedade asumía con estoicismo a sucesión de fenómenos atmosféricos -a auga, o sol, o vento…-, conscente da sua inevitabilidade e, por outra parte imprescindibles para a vida. Unhos e outras determinan o clima e que este reúna determinadas características en cada lugar, que deberíamos asumir con naturalidade e con respecto, pois aínda que a natureza adoita manifestarse en convivencia armónica, hai momentos en que os elementos adquiren unha bravura ingobernable, capaces de levar por diante vidas e facendas.
Ocorre, tamén, que coa evolución e os cambios rexistrados nos modos de vida, que chamamos modernización, facemos cousas que danan os ecosistemas e acentúan os fenómenos naturais indesexables. E nesas estamos, aínda que haxa sectores interesados en manter un negacionismo contumaz fronte a crúas realidades como a destes días, que cada vez son e serán máis frecuentes na medida que ignoremos a realidade natural. Aínda así, somos de memoria fraca, pois hai dous anos que tal día como hoxe, 8 de febrero de 2024 (mentras Cataluña sufría unha seca terrible), andabamos de auga ata as orellas, coa presa de Velle soltando auga a cachón. O mesmo en 2019, 2017, 2014… ou 2000, cando o 7 de decembro o mesmo embalse soltaba arredor de seis mil metros cúbicos por segundo, chegando a anegarse o que hoxe é parking do centro comercial Ponte Vella ou os garaxes do edificio Solaina, e todo o que había á veira do cauce do río.
E nesas estamos, aínda que haxa sectores interesados en manter un negacionismo contumaz fronte a crúas realidades como a destes días, que cada vez son e serán máis frecuentes na medida que ignoremos a realidade natural.
Tampouco nos axuda a interpretación da evolución e a introdución da tecnoloxía nas nosas vidas que levou aparellada a conciencia de dominio absoluto sobre o medio, que fai pensar á ciencia e a Elon Musk xa no asalto a Marte. Esto leva aparellada a idea de que todo se pode facer aquí e agora a golpe de click, incluido o tempo a medida, en línea coa sofisticación imperante nas sociedades urbanas nas que reside a maioría da poboación. Tal vez por iso, este venres último nunha tertulia de café sobresaía unha voz dicindo que (co chovido estes días) “agardo que no mes de agosto non veña alguén dicindo que hai sequía”.
Calquera sabe, pero garantías no hai ningunha, pois é perfectamente posible, pero metidos a utópicos gobernadores do clima, lograr a chuvia periódica (tamén unhos cuantos días de agosto) activaría o sistema máis eficaz para a extinción dos lumes forestais e aforraríamos traxedias ambientais, ecolóxicas, sustos para as persoas dos lugares afectados e, tamén, desgrazas con perda de vidas humanas incluidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
La disciplina como motor de valor
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
El tirano jamás será un filósofo
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Oseira, el pulpo y el pan
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Héctor Souto: la pizarra gallega que domina el mundo
Lo último