Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Gracias a un libro singular, que os que o recuperaron e levaron a cabo o laborioso traballo de transcribir o manuscrito e contextualizar o seu contido -é dicir, os profesores composteláns José Miguel Andrade Cernadas e José García Oro-, titularon "Rosendo y Celanova. A la hora de la despedida", souben que, entre outras moitas denominacións, ó tempo de Entroido tamén se lle chama -ou, cando menos lle chamaban- "tempo de carnes tolendas ou carnes tollendas".
Facíao neste caso un monxe descoñecido (porque os investigadores non lograron personalizar a súa autoría) do convento celanovés, que no ano 1815 relatou con grande exhaustividade e sumo detalle, como era a vida cotiá intramuros do cenobio, tanto no "ora" coma no "labora", tanto no silencio coma nas celebracións, tanto no almorzo, coma no xantar e na cea, tanto na comida coma na bebida e tanto, en fin, na vida coma na morte dos que alí dentro convivían.
Pois ben, nun capítulo dedicado á gastronomía dos abades presentado baixo o epígrafe "la comida del monje", ó referirse ó tipo de xantar e de cea que lle ofrecían no refectorio á comunidade por estas datas previas á coresma, o monxe anónimo fala literalmente de "lunes de carnes tollendas".
Encaramos, pois, o tempo de "carnes tollendas" na provincia, logo de que as crianzas todas de Ourense teñan feito o seu entroido limiar cos mestres nas escolas, xa que logo, no propio entroido, todos entran en tempo de vagar.
Encaramos o tempo de "carnes tollendas" vivindo días de eclosión de pequenos entroidos, máis antropolóxicos ca tradicionais. Entroidos, que permanecían en arcas apolilladas e vellos bahuis abalorados, durmindo o sono dos xustos e que nos últimos anos comezaron a aflorar á luz das corredoiras aldeás para satisfacción compartida de novos e vellos.
O pasado xoves este mesmo xornal daba boa conta dalgúns deles nunha reportaxe cuxa lectura estou completamente seguro de que faría sumamente feliz ó profesor Fidalgo Santamariña, se a vida lle tivera concedido a oportunidade que non lle quixo conceder.
Son entroidos que non precisan de sesudos estudos científicos, nin profundas investigacións históricas porque se algo permite o entroido é licencia para a imaxinación.
Entroidos que seguramente comezan a darlles toques de atención a aqueloutros que tanto teñen querido crecer que comezan a correr o risco, o grave risco de morrer de éxito ou por superación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín