Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
9,5 años de resaca
Teño un infantil recordo da tristura do meu pai anunciando o pasamento do tío Faustino. Apenas tiña cinco anos cando esta nova sacudiu a tranquilidade da familia Santalices.
As longas conversas co meu pai centráronme a sigularidade e importancia deste persoeiro, un alto funcionario que escolleu a gaita e a zanfona pra reivindicar o noso sentimento galego, as nosas raíces culturales e musicales, e sobor de todo a nosa identidade. E o fixo co afinado ruido da gaita e a sua especial voz nasal, que distinguían as suas cancións.
Home alegre, extrovertido, de carácter forte, tivo sempre como referencia a ironía e a bonhomia. Contan que xa entrado nos 70 anos foi convidado a unha despedida que facían a un prextixioso urólogo da cidade, o doctor Villar. Meu tío foi convidado en representación do Goberno Civil, por ser o secretario, e pedíronlle unhas verbas e as dixo, rematando deste xeito: "Gaitiña miña gaitiña, xa nunca te poderei tocar por moito que quera e faga o meu amigo Villar."
Como estudioso do noso folclore, fixo un traballo moi productivo. Asi mo teñen contado Carlos Núñez, Cristina Pato, Susana Seivane, Amancio Prada, Milladoiro e moitos máis. El construía as suas gaitas e recuperou moitas zanfonas. Gracias a elo, Lugo tivo unha escola de gaitas e a zanfona incorporouse ó noso folclore.
Ninguén coma el describiu o espírito do Camiño de Santiago. O "Romance de don Gaiferos", historia do duque de Aquitania que morre en Santiago logo de darlle un abrazo ó Apóstol, é sen dubida a mellor canción dos pelegrinos.
Pero para o meu recordo especial quedara a canción "Alala das Marinas". Esta peza que meu tío cantaba dun xeito especial foi a que rendiu homenaxe as vítimas de Angrois, grazas á desinteresada colaboración de Budiño e Uxía, que non dubidaron un segundo a petición que fixemos dende o Parlamento. Aquela calurosa tarde provocou escalofríos no cimiterio. Foi unha magnífica interpretación, chea de sentimento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
9,5 años de resaca
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Entra en escena el juego sucio
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La otra imagen de Óscar Puente en el trato personal
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Elisa Leonida
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra