Os Titáns galegos, elixidos por Xea a instancias de Platón

Publicado: 10 oct 2026 - 03:55
Pepe Peaguda.
Pepe Peaguda.

Pepe Peaguda, veciño da rúa de San Roque, en Xinzo, morreu o día 8. Leal comunista, concelleiro de fina ironía, compañeiro e amigo. Humilde no anonimato, foise sen homenaxes nin actos de condolencia. Ningunha verba de agradecemento pola súa clandestinidade antifranquista.

Xa vai camiño da Nada, onde se atopará cos amigos e compañeiros de loita, que tamén o eran na ruta de viños do barrio da baixo, o rematar a xornada laboral. Destacan o Rodriguete, que exercía o liderado con autoridade ética e disciplina heterodoxa; Camilo de Dios, o guerrilleiro bondadoso; Martin, locuaz panadeiro, famoso por exportar pan a Barcelona; o bancario Alfonso Bermúdez, de exquisita educación; o Pepe, chamado “o Cero Quince”; Francisco Sobrado, o Acacio que veu morrer o seu pai na masacre de Badaxoz… e moitos máis; Antoniom do bar Usera; Pepiño Cuco. Quedei sorprendido da influencia que tiñan na vila e a liberdade con que se relacionaban cos veciños. Pepe Peaguda, socarronamente, criticaba a hipocrisía dos que presumían de progresistas e actuaban como caciques, tendo a ousadía de compartir unha cunca de aquel horroroso viño.

E o destino, que é moi sarcástico, púxolle a Pepe dous compañeiros de viaxe condenados a compartir con este o debate político. Partindo do desencanto de Platón, que lles propuxo afondar nun cambio que mellorara as condicións de vida dos cidadáns, optan por un Goberno de Sabios, convencidos de que atoparán a alternativa o deserto cultural e social dos dirixentes do novo mundo. O prazo establecese en dous anos.

7 de outubro: morre no hospital Gregorio Marañón de Madrid Maricarmen. Convertida en símbolo dos máis marxinados e vítima do sistema capitalista e dos seus servidores, o Estado e o consumo.

Conclusión: Pedir os oprimidos que invertan perspectivas cos privilexiados pode ser unha inxustiza e un insulto. Pero é unha esixencia ética o recoñecer o outro. E pórse no seu lugar é un xesto político que obriga a modificar as normas básicas do mercado.

8 de outubro: morre en Reboraina, na súa vivenda, Xosé Manuel Beiras Torrado. Líder dos nacionalistas galegos, ortodoxo e heterodoxo (primeira contradición), duro e inflexible co adversario (Nikita Kruschev) ou pactista co inimigo de clase (Fraga); culto e sabio (debates de gran nivel intelectual) ou celoso dos que tocan mellor o piano(García Sabell). Incorruptible -a ética, por riba de todo- e dotado duhna gran capacidade de sedución (Yolanda Díaz Pérez).

Platón pacta un tripartito de Sabios para que a Nada non sexa desafiuzada (perder a Esperanza) e os sabios sexan substituídos polos novos protocolos dos sionistas. O meu amigo Pepe non o permitirá.

Contenido patrocinado

stats