Berto Manso
LA OPINIÓN
La zona, el territorio Gill
En cuestión de tráfico, mal empezan as cousas para Galicia no ano recentemente comezado. Con 7 vítimas en xaneiro. Unha cifra que ven a duplicar á dese mesmo mes do ano anterior, que fora de 3 mortos.
Vai uns días, e dado que o número de falecidos na estrada (correspondente o ano 2016) se incrementou en 29 respecto ó 2015, o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, propúxolle á Comisión de Seguridad Vial 20 medidas, con obxecto de reducir a cifra de mortos. Medidas que, polo que lles teño oído á espertos no tema, todas elas moi oportunas: educación vial, determinación de puntos "negros", control de factores de risco, guías sonoras lonxitudinais (bandas rugosas que delimitan o eixe da calzada e os laterais da mesma), control de velocidade, control do cinto de seguridade, ubicación e xestión de radares... Medidas de prevención, todas elas, encamiñadas a volver de novo a senda de diminución gradual de accidentes de carretera dos últimos anos.
Xa que falamos de prevención, vaiamos a un caso concreto que nos cae moi cerca. Certo que hai outras prioridades máis urxentes, e que no tramo que vai do barrio da Lonia ó pobo de Velle (da antiga estrada de Ourense a Monforte) non se levan producido -que eu saiba- accidentes que afectasen á integridade física de persoas. Si. Pero tal vez, dada a perigosidade do traxecto, porque ata agora ten habido moita sorte. Con curvas de escasa visibilidade, moi reviradas, e tramos tan estreitos -encaixados a ambos lados por barreiras metálicas- nos que, por imposible escapatoria, incluso chegan a rozarse os coches. E que no caso das barreiras de "protección", aparte das rozaduras cotiáns, teñen recibido impactos brutais; o máis espectacular de todos eles, o de vai un par de anos cando un camión arramplou con 30 metros de barreira. Afortunadamente, nese momento, non circulaba ningún peatón polo sendeiro pegado á estrada.
Sería conveniente, pois, que por parte de quen corresponda, se instara ás autoridades respectivas para que se elabore un informe sobre a perigosidade do traxecto de referencia. Primeiro paso para que algún día, e antes de que ocorra unha desgraza, se proceda a ensanchar algo os tramos máis estreitos e retocar, dentro do posible, as curvas máis cerradas. Que non é tanto pedir. Nin parece moi custoso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Berto Manso
LA OPINIÓN
La zona, el territorio Gill
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Muerte de Molière
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Medio lunes
HISTORIA DE UN SENTIMENTAL
O día que coñecín a Alonso Montero en Ventosela
Lo último