Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
DIARIOS DO PASADO
Dias atrás fun visitar os traballos de restauro do “foxo do Lobo” no val do Salas, promovidos e financiados polo Concello de Muíños e a Xunta de Galicia, e dirixidos polo colega e amigo David Pérez. É unha construción, coa finalidade de capturar lobos, que establece a ponte perfecta entre os vestixios etnográficos e arqueolóxicos. Despois de visitar as obras, paramos en Bande, lugar de residencia de David. Pediume que agardase un momento, porque tiña unha sorpresa coa que agasallarme. De contado, sacou dun estante un libro que non coñecía, “Historia de Galicia en 30 obxectos”, autoría do historiador e divulgador David Gesteira co ilustrador Miguel Robledo. A este último, seguro que vostedes o lembrarán porque foi autor da fermosa animación das Burgas que facía de prólogo na exposición “Ourense no Tempo”, escena na que participaban Calpurnia Abana Aeboso, Revve Anabaraego e as Ninfas.
Aínda que cando o escavamos puidemos comprobar que non se conservaban restos do cadáver, supoñemos que estaba destinado un enterramento individual. Iso o fai diferente dos enterramentos colectivos propios dos dolmens simples, aínda que de maior tamaño, ou dos grandes dolmens con corredor de acceso.
Pois ben, David Gesteira, entre o elenco de trinta pezas coas que relata a historia de Galicia, seleccionou as que formaban a ofrenda fundacional do monumento megalítico M5 de Outeiro de Cavaladre, no val do Salas: unha vasilla dentro de outra e, no interior, unha punta de frecha. O achado produciuse iniciada a década de 1990, cando tiven a oportunidade de dirixir as escavacións de dous monumentos megalíticos desta necrópole. As tres pezas apareceron nunha pequena fosa practicada no túmulo. Para que se fagan sitúen, a maioría dos monumentos megalíticos funerarios do noroeste están formados por dous elementos esenciais. Un é a cámara ou dolmen, erixida con lousas de pedra e lugar preferente para acoller aos defuntos. O outro é o túmulo, unha morea de terra, ou de terra e pedras mesturadas que, a modo de pequeno outeiro artificial rodea o dolmen. Á veces incluso o cubre por completo. Por utilizar terra para a súa construción é vulnerable á erosión, por iso o túmulo soe protexerse cunha coiraza de pedras de mediano tamaño que permitiu a súa conservación ata hoxe. O monumento M5 de Outeiro de Cavaladre ten un dolmen de pequeno tamaño. Aínda que cando o escavamos puidemos comprobar que non se conservaban restos do cadáver, supoñemos que estaba destinado un enterramento individual. Iso o fai diferente dos enterramentos colectivos propios dos dolmens simples, aínda que de maior tamaño, ou dos grandes dolmens con corredor de acceso. No interior do pequeno dolmen da tumba M5, apareceron numerosos materiais arqueolóxicos. Dez puntas de frecha, unha machada puída, un disco e un idoliforme líticos, minúsculas ferramentas tamén líticas -micrólitos- e moitos fragmentos de vasillas. A maioría seguramente formaba parte do enxoval que acompañaba ao defunto. Pero as tres pezas seleccionadas por Gesteira estaban, como vimos fora do dolmen, se ben nunha fosa próxima practicada no túmulo e cuberta pola coiraza de pedras, un dos últimos elementos que soe construírse nestes monumentos megalíticos. Por iso e porque consideramos que o monumento foi construído para un único enterramento, interpretamos as tres pezas como a ofrenda fundacional deste sartego erixido a cabalo entre o Neolítico e a primeira Idade do Cobre.
Moitas grazas David e Miguel por rescatar este achado entre as trinta pezas coas que representades a Galicia. Un orgullo para min como arqueólogo, pero sobre todo para os dolmens do val do Salas. Grazas tamén a David Pérez polo agasallo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinnes que espera Lugo
Lo último
DESDE EL AÑO 2022
El Club Ourensán de Pool arma el taco
MÁXIMO ESFUERZO
Los incombustibles remeros demostraron su nivel