Unha volta de "tuerca" nas denuncias

Publicado: 22 dic 2025 - 00:40
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Somos o reflexo da sociedade na que vivimos e á que nos debemos. Polo tanto cando nos veñen mal dadas, e corren tempos de emerxencia, recomendo orde, serenidade e bo humor. Comprendo que resulta unha recomendación difícil de levar a cabo, precisamente pola perentoria esixencia do momento, que non nos permite pensar e recapacitar nun tempo -sempre parece corto-as circunstancias a ter en contra cara á emerxencia. Nos últimos tempos soltouse a veda, e as frecuentes e sucesivas emerxencias que están aparecendo, sendo graves e sobre o mesmo caletre…, os protagonistas denunciados comezan a saber a maneira de xestionar o que lle vén enriba xa cando a denuncia anda de camiño. En outros tempos transcorría tempo antes de tomar decisións ao respecto, pero agora con eses protocolos e vías internas de denuncia, co cal manténdose o anonimato, e facilitada a denuncia, tamén o denunciado xa está preparado, e sabe cómo replicar ás primeiras de cambio.

Dar facilidades, para ao mesmo tempo que se denuncie tamén se protexa á vítima, é un exercicio totalmente loable e nobre, pero non sei se necesario habendo xustiza. Porque, visto o visto, este instrumentos non son alleos aos efectos secundarios e situacións paradóxicas que crean, aparte de determinados slogans que potencian ese posible efecto paradóxico. Non resulta casual que os partidos autodenominados da esquerda progresista reciten “soy feminista, porque soy socialista”, como dixera Ábalos e outros compañeiros, cando os seus comportamentos distaban diametralmente de ser feminista. Ou tamén o “yo te creo, hermana”, que o mesmo Íñigo Errejón fixo que probara da súa propia medicina. Quen o diría? Ata que sucedéndolle a el, acudiu á xustiza para defenderse. Xa non lle era crible “yo te creo”.

Os de esquerda, os autochamados progresistas, non eran corruptos, nin acosadores de nada, predicaban. Que va! Tales pecados eran, e son, da dereita, según os progresistas da esquerda.

É difícil comprender, que todos aqueles que están a favor de vías internas e alaban as bondades dos protocolos alimentando as denuncias tan pronto como ou ao mínimo resquicio de abuso…, cando lles toca a eles, entón xa non valen, resulta incomprensible, son falsas -aínda que houbera recitado o “yo te creo, hermana”-, e a maioría xa non dimite; e se fai algo é cara a galería dimitindo en diferido. Xa non saben dixerir a súa propia medicina ou son intolerantes a ela. E con toda a confusión, ata se chega ao enfrontamento entre amigos políticos e no propio seo da formación política a que pertencían. Volta de “tuerca” a esas vías?

Hai uns anos, non moitos, cando aparecían casos de corrupción, acoso laboral ou de outro tipo, e eu defendía que era algo inherente ao ser humano e, polo tanto, capaz de poder aparecer en calquera formación política, criticábanme e opoñíanse á miña opinión. Os de esquerda, os autochamados progresistas, non eran corruptos, nin acosadores de nada, predicaban. Que va! Tales pecados eran, e son, da dereita, según os progresistas da esquerda. De aí que foron os da progresía os que non repararon en crear protocolos propios, vías internas de denuncia, slogans, por se algún ou algunha lles saía “rana”. Ademais do significado e boa mostra cara ao exterior. Pero os acontecementos mostran moitos e moitas “ranas”, que están dando lugar a fortes conflitos internos. Agora mesmo xa acabo de ler, da boca dunha progre, que todo isto que ten soliviantado ao persoal son males estruturais. Ou sexa, xa non son só os malvados da dereita.

Xa quedo tranquilo comigo mesmo ao pensar, e volvo a repetilo, que a prevención no eido escolar é onde incidir neses graves problemas. Deixémonos de etiquetar se son os da dereita ou os da esquerda os malvados, segundo como suceden os acontecementos, e crear vías fora da xustiza, pensando que somos máis papistas co santo Pai. E agora máis descrédito, facendo un fraco favor aos seus compañeiros políticos, e en xeral a todos, que a Alcaldesa da Coruña -Inés Rey-, despois de bendicir, encomiar e ser a primeiriña en pedir o cumprimento do sistema, implorando dimisións dos denunciados, agora cando a poñen na palestra, sendo ela a sinalada, saia por peteneras dicindo: “Es una lástima que un canal interno que surgió para defender a víctimas lo usen determinadas personas que nada tienen que ver con esto”. Señora!, había que prevelo. Cos demais sinalados antes non tiveron piedade. Consellos vendo e para min non teño. Parece como que a política pon ao descuberto o pior do ser humano: egoismo e hipocresía. Haberá que darlle unha volta de “tuerca” a esas vías e protocolos, xa que fan probar tanto a propia medicina?

Contenido patrocinado

stats