Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer
Un dos personaxes principais da estraña "Terra de abundancia" (2004) leva a conflito asiático ó eido da vinganza persoal, que é o mesmo que dicir que a paranoia apodérase del ata o punto de facerlle perder de vista a noción mesma de realidade, substituída por un cóctel explosivo, aínda que un pouco rexoubeiro, de prexuízos, lugares comúns e delirio. E por encima de todo, a súa actuación, que é un dos eixes principais sobre os que sosega toda a acción de "Terra de abundancia", nace do inmenso trauma colectivo que foi, e segue sendo, na sociedade americana o fatídico 11-S.
Non é pouco irónico que teña que ser un europeo (Wim Wenders)quen lembre as neuroses de seguridade e protección que semellan apropiarse de EE.UU. Ten unha graza inmensa que un personaxe como o que aquí interpreta John Diehl acabe converténdose no barómetro para xulgar os delirios de orde dunha sociedade enteira; que el sexa, co seu accionar incontrolado, a mellor denuncia emprendida polo cine sobre os excesos de protección en que caeu EE.UU.
"Terra de abundancia" é o regreso de Wenders a un cine de compromiso ético, pero tamén é máis. É, ante todo, un estado da cuestión afable, unha toma de pulso da saúde social da potencia hexemónica, un diagnóstico rodado nos lugares máis inverosímiles e menos frecuentados polo propio cine ianqui, barrios marxinais de grandes cidades, albergues de recollida de indixentes, perdidos poboados de caravanas situados no medio da nada.
Película estraña, percorrida por un sopro de humanidade deses ós que Wenders non nos tiña acostumados desde hai anos, "Terra de abundancia" débese ver como un produto atípico, unha ollada revirada, e por iso mesmo aguda e penetrante, sobre algúns dos males contemporáneos dunha sociedade paranoica, si, pero tamén capaz de amosar o mellor de si mesma nos momentos máis inesperados. Ás veces custa seguila, pero é valente, directa e posiblemente imprescindible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer
Alfredo Conde
A TRIRITA
Os donos dos ríos e os ladróns das augas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Un reflejo de la sociedad
Fermín Bocos
Desahucio y política: ensayo general
Lo último
DE NUEVO, LOCALES
El Ribeiro repite en casa ante el Novás
RECHAZO A LA FUSIÓN
Vecinos de Carballeda de Avia llevan su “no a la fusión” al pleno
MALESTAR VECINAL
Tráfico pesado en una rúa de Verín: “É que non durmimos”
4 DE OCTUBRE
La Guardia Civil se pone el chándal por Aspanas