“Hermanas”

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 27 nov 2026 - 06:36
“Hermanas”, primeira longametraxe de Ione Hernández Sáenz
“Hermanas”, primeira longametraxe de Ione Hernández Sáenz

Os conflitos, os secretos ocultos e as dinámicas disfuncional adoitan caracterizar moitas historias familiares levadas ao cinema (incluso cando se trata da comedia). O microcosmo familiar e os lazos de sangue utilízanse para relatar unha contorna, normalmente e aparentemente, saudable e harmónica.

Ione Hernández Sáenz estrea esta fin de semana a súa primeira longametraxe, “Hermanas”, presentada por primeira vez na Sección Oficial da Semana Internacional de Cine de Valladolid. O filme, protagonizado por Elena Anaya, Emma Suárez e Carlota Keiko, explora as dinámicas que poden instaurarse nunha familia fronte a un problema ademais dos límites que existen entre o amor filial e a verdade.

Lucas, o fillo de Marta, é acusado de agredir sexualmente da súa prima Sofía, menor de idade

A cineasta e guionista de “Hermanas” preséntanos a Chelo, unha muller que quere divorciarse do seu marido Javier e a súa irmá Marta, unha xornalista cun fillo adolescente e que arrastra un pasado escuro. A familia reúnese na casa de Marta, un verán. E a que parece ser unha festa familiar acaba converténdose nun pesadelo. Lucas, o fillo de Marta, é acusado de agredir sexualmente da súa prima Sofía, menor de idade. A denuncia de Chelo cara ao seu sobriño acaba rompendo lazos e traerá o pasado ao presente. A decisión de Chelo de denunciar xudicialmente a Lucas, oscila entre o instinto de protexer á súa filla e a dificultade de levar o conflito desde o privado ao público. Neste sentido o filme relata moi ben as dinámicas que se crean ao interior da familia, espertando antigos rancores. Ademais, co pasar dos días, as dúas irmás deixan entender que hai traumas e silencios ocultos que pouco a pouco van desvelándose, sobre agresións e comportamentos disfuncionais que forman parte dunha historia familiar compartida.

“Hermanas” é a clásica película ao servizo dos actores e que favorece aos primeiros planos

“Hermanas” é a clásica película ao servizo dos actores e que favorece aos primeiros planos. Adopta unha mirada neutra evitando subliñar os momentos dramáticos. Non xulga os seus protagonistas, simplemente acompáñaos nun proceso doloroso. A cineasta deixa fora do campo visual calquera aclaración directa sobre o drama acontecido, centrándose máis nos pequenos detalles e na vida cotiá de cada un. Os traumas pasados tamén son suxeridos, non se relatan de forma explícita, ‘‘déixanse entender’’. E sobre todo a cineasta oculta a representación explícita da agresión sexual, algo moi frecuente nas películas con estas mesmas temáticas. Así o espectador acaba compartindo as dúbidas e reflexións das protagonistas. Neste proceso de comprensión íntimo e secreto, está a verdadeira forza do filme.

“Hermanas” é unha película realista que afástase do melodrama tradicional e, aínda que pode resultar algo esquemático na súa proposta, relata moi ben a diferencia entre unha relación tóxica e un amor san. Pon sobre a mesa a dureza de facer dano a un familiar próximo para protexer a integridade doutro. Evidencia como aceptar e defender a verdade é a forma máis honesta de querer.

Contenido patrocinado

stats