Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
A que é seguramente a película vangardista máis famosa de toda a historia do cine, “Un can andaluz” (1928), concibiuse de feito coma un ataque ó “formalismo” esotérico da vangarda francesa dos anos 20. Luis Buñuel e Salvador Dalí pretendían molestar e escandalizar ós espectadores coa violencia das súas imaxes, pero sabían que o público estaría formado pola elite artística do momento, ou sexa, poetas, pintores, compositores e cineastas, pero non polo espectador parisino medio.
Así, a brutalidade da escena na que o ollo humano (en realidade dun animal) se resga cunha navalla de afeitar, e a vomitiva visión dos burros putrefactos concibíranse coma un ataque físico ás pretensións grandilocuentes e abstractas dos artistas que se consideraban a si mesmos “de vangarda”.
O propio poeta adiantouse ó surrealismo nas artes coa súa afección ás imaxes estrañas e contranaturais, que estimulou ó pintor Dalí e o cineasta Buñuel a buscar esa clase de imaxes na colisión entre a realidade cotiá e o funcionamento do subconsciente.
A inspiración para a película xurdiu dunha frase dun poeta do século XIX “Tan fermoso como o encontro casual entre un paraugas e unha máquina de coser sobre unha mesa de diseccións”. O propio poeta adiantouse ó surrealismo nas artes coa súa afección ás imaxes estrañas e contranaturais, que estimulou ó pintor Dalí e o cineasta Buñuel a buscar esa clase de imaxes na colisión entre a realidade cotiá e o funcionamento do subconsciente. Convén, polo tanto, tomar en conta o aspecto “realista” de “Un can andaluz”: as rúas de París, as habitacións das casas, a praia, etc, xa que proporcionan un entorno familiar e recoñecible no que os elementos “estraños” introdúcense para crear unha sensación de pesadelo na que se combina o real e o macabro para crear imaxes que desafían a capacidade da razón pero desencadean respostas emocionais no espectador.
Os cadros de Dalí figuran entre os máis coñecidos de toda a arte surrealista, pero, en “Un can andaluz” as imaxes que el concibiu cobran, milagrosamente, vida. Aínda hai discusións sobre se foi el quen matou ós burros e roubou a man cortada dun cemiterio para esas secuencias. Porén, isto non lle preocuparía a Dalí. Un dos principios da arte surrealista era a de que a “loucura” constituía unha importante fonte de inspiración, unha canle directa entre a subconsciencia e o proceso de creación artística. Con todo, a película non está desprovista de mensaxes e significados. E, artisticamente falando, as transicións entre planos curtos e xerais están feitas respectando as regras da continuidade cinematográfica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Allariz