Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Balones al fondo de la red
DENDE SEIXO-ALBO
Nestes días fálase moito dos dereitos humanos e se en determinados países estes dereitos básicos con vulnerados. E a colación deste asunto tan importante para a humanidade, pois son moitos os estados onde estes dereitos son ignorados, escoitei falar a un exministro afirmando que, por riba das crenzas relixiosas, están os principios que inspiran e marcan estes dereitos. Ou sexa: por riba dos credos e mandatos relixiosos están os dereitos das persoas.
Entendo que esta afirmación pode traer debate para algúns, pois a día de hoxe é moi común escoitar á moita xente que afirma que Deus está por riba de todo. Iso foi o que nos ensinaron en relixión, Deus creou o mundo e os seus mandamentos están por riba de toda decisión humana. Mais, casos houbo, e hainos, nos que, diante determinado fanatismo relixioso, a Xustiza dálle prioridade a vida dun ser nacido diante crenzas que impiden que se tomen accións na busca da curación dunha enfermidade. Pero mirando o que hoxe acontece en varios países do planeta, semella que as imposicións relixiosas truncan a liberdade das persoas.
Ben sei que moitas relixións levadas ó pé da letra ate crean certa adicción e poden levar ós humanos cara un fanatismo un tanto irracional. Poden ofuscarnos tanto que soamente vexamos a realidade partindo desa base relixiosa, o que non deixa de ser unha cuestión un tanto perigosa. Nestes días vemos imaxes de dirixentes políticos que mandan en varios países e que, apoiados en conceptos relixiosos, actúan e cometen barbaridades. Crimes que son á vista dos humanos verdadeiras limpezas étnicas ou xenocidios. Tamén vemos a outros que, despois de ameazar a países e comezar guerras, son apoiados por pastores relixiosos que pensan que están na posesión da única verdade, e baixo esas accións bélicas matan a milleiros de seres inocentes.
O mundo actual camiña cara unha diversidade cultural, relixiosa e de razas imparabel
Se o máis importante nesta vida son as persoas, creo que queda moi claro que os dereitos dos humanos están por riba das crenzas relixiosas, pois tamén hai xente que non cre. O demais, ou crer o contrario, é nalgúns casos camiñar cara un fanatismo que non conduce a nada bo. Relixións hai moitas dende que a humanidade existe, e a gran maioría delas, no devir da súa historia, en nome do seu creador ou deus, cometeron verdadeiras barbaridades que van contra os dereitos das persoas e que co paso dos anos quedaron demostradas sobradamente.
Con todo, as relixións tamén cumpren unha función importante na sociedade, elas marcan uns límites éticos e morais necesarios para vivir en comunidade. Todos os credos levados ó pe da letra poden facernos escravos dunha determinada ideoloxía e tamén relixión. O fanatismo irracional soamente crea máis fanatismo ó igual que a violencia crea máis violencia. Compre pedir mesura en todas as ideoloxías que se predican. Compre pedir que non haxa discriminación por raza cara o diferente.
O mundo actual camiña cara unha diversidade cultural, relixiosa e de razas imparabel. E a que se denomina como raza branca é o froito de mil cruces que deixaron os diferentes pobos que poboaron esta península e mesmo Europa enteira. Non hai cousa máis miserabel que, en nome de mandatos bíblicos ou relixiosos, exterminar a poboacións, como é o caso dos palestinos, ou se arrede da sociedade ós que pensan ou teñen unha pel de distinto cor á nosa.
En fin, como dicía unha cantiga popular, no mundo globalizado de hoxe ou collemos todos ou non cabe nin Deus. Debe quedar moi claro que os dereitos humanos son a base de todas as sociedades. Son a pedra angular da convivencia e da tolerancia entre persoas de distintas razas, crenzas e relixións e aquelas relixións que non os respecten están lonxe de ser boas para a xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Balones al fondo de la red
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La pregunta del moribundo
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Cualquier tiempo pasado no siempre fue mejor
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
O fraude do Home de Piltdown
Lo último
I ROMARÍA POPULAR
Luis Menor: “O PP terá máis alcaldesas na provincia de Ourense”
DOS JORNADAS POR JUGAR
El Arenteiro regresa de Guadalajara con otra derrota (2-0)