Juan José Feijóo
MIGRANTES EN CEUTA
¿Y el Rey para cuándo?
O asunto do vaso medio cheo ou o vaso medio baleiro ten o seu aquel. Para a maioría dos mortais o pasado mércores o Real Madrid remontou un partido que semellou que acababa de cambiar a historia futbolística. Para a minoría (un servidor, por exemplo), contemplou a ineptitude dun “equipiño” que aspiraba a conquistar a Liga de Campións. Pero como se pode aspirar a algo se en pouco máis de 15 minutos che meten tres goles! O PSG nunca ganará a Liga de Campións mentres non faga equipo. E hoxe de equipo tan só ten a Mbappé e a Verrati. Todos os demais, hoxe, non valen nin para ser suplentes do Celta. A Messi pásalle como a lenda esa dos elefantes cando presenten a súa morte: que se retiran a un cemiterio para morrer. E Neymar... Neymar é un caso á parte, que vai por libre e que a súa cabeciña non dá para máis. Creo recordar nunha xogada ver a Benzema recuperar un balón na esquina dun córner da súa propia área. As estreliñas do PSG... que corran os demais. Para min a proeza non foi tal. Días antes xa lle dixera a un fillo que remontarían. Uns viron a vaso medio cheo e eu vino medio baleiro.
Como medio baleiro o vexo cando leo sobre a solidariedade de moitos paisanos sobre o asunto das doazóns e dos refuxiados ucraínos. A min dáme que é unha solidariedade bastante egocéntrica. Chapó polos seus motivos, pero a min fállanme os métodos. Non lles sería mellor deixar ó Goberno, á Xunta, ós grandes movementos humanitarios (Cruz Vermella, Cáritas, etc) que transportaran as axudas ata Ucraína e que volveran cos refuxiados en vez de percorrer case catro mil quilómetros? Despois só sería achegarse a Santiago e ou Madrid. Para que tanto gasto?
Ademais, e xa tirando do fío, dese egocentrismo que tanto nos gusta. Por que tanta solidariedade non se realiza con dirección cara ó Mediterráneo, onde todos os días, practicamente todos os días, chega xente fuxindo, non dunha guerra senón de varias guerras, fuxindo da miseria, fuxindo da fame, fuxindo da seca? Está tan só a mil quilómetros. Que diferenza hai entre Ucraína e África?
Vaia por diante que non renego desas accións humanitarias, que son realmente fermosas e importantes, pero si de certos procedementos que se usan para levalas a cabo. Que, neste caso, tamén estou cos do vaso medio cheo. É que semella que o vaso medio cheo é a súa forma positiva, mentres que medio baleiro é en plan negativo. Iso din.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan José Feijóo
MIGRANTES EN CEUTA
¿Y el Rey para cuándo?
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella formidable radio local de un Ourense lejano
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Taurinos y/o antitaurinos
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El eclipse de nuestras vidas
Lo último
SEGURIDAD EN CADA OPERACIÓN
El CHUO introduce un túnel de lavado para esterilizar su material quirúrgico
PRIMERA FEDERACIÓN
Siguiente test para la UD Ourense, en O Couto
XLI Xornadas de Folclore
Puentes a través de la cultura del Folclore
La Región
Un muerto ha matado