Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Tamén se pode turrar, vaia se non se fai, da cultura de nivel no medio rural. Só hai que ter vontade, sensibilidade e porse man á obra. Así, o sábado 25 de outubro, no Auditorio de Outomuro, no concello de Cartelle, nun acto sixelo, pero emocionante e sentido, otorgouse o “Veliano de honra 2025”, a Xosé L. Méndez Ferrín que, ademais de escritor, xornalista e político, tamén foi profesor. O meu profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto Santa Irene de Vigo, alá polo 1969; xa choveu, pero o recordo e a admiración perduran.
Si, no Auditorio do Concello de Cartelle, entregouse o Veliano de Honra a Méndez Ferrín, por parte da Fundación Carlos Velo, que preside a ex alcaldesa do Conecello e actualmente Senadora, Carmen Leyte. A peza de bronce do Veliano é obra do escultor Acisclo Manzano, presente no acto de entrega. Facer constar que a Fundación Carlos Velo, garante da memoria, do legado e do espírito do intelectual e cineasta Calos Velo (Cartelle 1909-Cidade de México 1988), instituíu o Veliano de Honra para recoñecer a aquelas persoas que comparten querencia e respecto polo persoeiro…, como así consta na motivación pola que se acordou conceder o Veliano a Méndez Ferrín.
Síntome na obriga voluntaria e no deber de recordar e escribir unas liñas sobre o profesor, o meu profesor de Lingua Española, hai xa máis de medio século no Santa Irene, pero que aínda transcorrido máis de medio século o selo do profesor quedoume impregnado nas neuronas polas súas maxistrais clases e preguntas de interés personal para saber de onde viñamos en aquela época de trasego humano cara ás cidades; como meses anos da década dos sesenta, o Instituto Santa Irene era o único Instituto para Vigo e contorna, alí coincidíamos alumnos -rapaces de 12 anos- de toda a cidade de Vigo e concellos limítrofes. Así, ao pouco de dar comezo o curso 1968-69, preguntoume Ferrín: “Rosendo de onde eres, ¿de Ourense?”, ao que respondín “non de Arantei en Salvaterra de Miño, pero vivo en Vigo dende hai tres anos”. A pregunta do profesor non era baladí, pois os Rosendos son de Ourense, máis da comarca de Celanova, que co tempo -anos despois-, xa eu residindo en Ourense, souben que Ferrín nacera en Ourense e tiña una relación estreita con Celanova, a vila de San Rosendo.
Síntome na obriga voluntaria e no deber de recordar e escribir unas liñas sobre o profesor, o meu profesor de Lingua Española, hai xa máis de medio século no Santa Irene, pero que aínda transcorrido máis de medio século o selo do profesor quedoume impregnado nas neuronas polas súas maxistrais clases e preguntas de interés personal para saber de onde viñamos
Impronta educativa e memoria dun tempo nos que os comentarios en temas relacionados coa política se “despachaban” en reducidos -así e todo desconfiando- corrillos entre compañeiros de pupitres, da aula na que asistíamos ás clases. Na niña aula (3ºC) Ferrín impartía a materia de “Lengua Española”, e ademáis de transmitirnos maxistralmente a súa sabiduría na materia…, tamén tiña ausencias de asistencia, que comentábamos os rapaces: “É que prenderon a Ferrín, collérono con propaganda ilegal…”, dicía un en voz baixiña. Outro apuntaba que o detiveran repartindo octavillas contra Franco…” O caso que así explicaban os motivos polos que se ausentaba Ferrín; cando o facían outros profes só se dicía “non vén, está enfermo”. Seis anos despois, a mediados dos setenta, xa estando eu en Santiago, o atopei na rúa da Azabachería, saludeino, e preguntoume que carreira estaba estudando… Máis tarde, finais dos oitenta, coincidíamos en Ourense debido a actos institucionais, e falabamos.
Efectivamente, Ferrín atesoura unha abundante, dilatada e variada vida cultural, actividade leteraria e política. Foi un dos principais impulsores da UPG en 1964, e doutras formacións independentistas. Desta última faceta, non comulgando nada con el -ninguén é perfecto-, sen embargo non deixo de admirar a súa polifacética e dilatada traxectoria en todo o demais. Doutor “honoris causa” pola Universidade de Vigo e candidato ao Nobel de Literatura en varias ocasións. O que non sabía, e o apuntou Antonio Piñeiro no Auditorio de Outomuro, é que dende que chegou no 1965, como catedrático de Lingua e Literatura ao Santa Irene, aquí permaneceu ata a xubilación. O instituto de Santa Irene deixa marca nos seus estudantes e, ao que se ve, tamén nos profesores. Un acertado acordo e concesión a Méndez Ferrín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último