Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
DENDE SEIXO-ALBO
Sempre entendín que o ser humano persigue na vida por enriba das ideoloxías e crenzas a felicidade. Tamén sei que a felicidade para unha persoa pode ser acadar un obxectivo distinto ó de outra, dado que cada ser humano ten diversas visións do que é sentirse satisfeito e, en último termo, ser feliz. Neste noso tempo os obxectivos nunha sociedade que incentiva o individualismo son moi diferentes en cada individuo. E como isto é así citarei un dito que nas persoas maiores, despois das experiencias e dos atrancos vividos, se escoita con moita frecuencia: ter saúde e o amparo dos teus. O demais, de maior, pasa a un segundo plano. Como a sociedade camiña e non se para con ninguén, nos últimos tempos a velocidade semella que sempre é un termo a superar en todos os aspectos vitais. Desta maneira todos aspiramos a ter un coche que corra máis; a ter un telefono que vaia máis rápido; tamén que o tempo de espera para calquera asunto sexa máis corto.
Vivimos no tempo do consumismo acrítico, do mercar por impulsos pouco racionais. Aspiramos a que o tren corra máis como se estiveramos nunha competición deportiva permanente. Se saímos á rúa vemos que a velocidade está metida no adn, na nosa forma de vida. E polo tanto na nosa existencia. Hai días na prensa apareceu a nova de que os trens de nova xeración irán á velocidade de 350 km hora. Eso será dentro duns anos. Ben sei que é unha meta que levará tempo, mais a pregunta sempre está esperando unha resposta.
Será esa velocidade unha meta tan necesaria? ¿Será tan necesario que todo o que facemos os humanos estea marcado por gañar uns minutos nunha viaxe? Na película de Chaplin Tempos Modernos éste denunciou que o ser humano podería acabar sendo esnaquizado pola máquina. De feito na película acaba sendo machacado por tanta innovación. Ben sei que a mecanización é un avance e que é precisa en moitos aspectos da nosa sociedade. Mais tamén sei que debe se empregada para o preciso, non de maneira abusiva e banal para o innecesario. Pois aínda que non o pareza a máquina nunca poderá substituír a sensibilidade creativa dos humanos. Hoxe xa estamos no tempo da Intelixencia Artificial, mais hai quen di que esta pode facernos un pouco idiotas. Polo que a día de hoxe estamos en moitos aspectos da nosa vida cotián condicionados polo ritmo frenético da sociedade do momento. Hai que di que o capitalismo levado ás máxicas consecuencias ademais de ser unha guerra de todos contra todos e voraz. Non ten sentimentos. Sí, temos autovías polas que imos a moita velocidade, eran necesarias. Mais xa non podemos desfrutar da paisaxe nin ver os pobos, pois imos a moita mecha. E como camiñamos de moita presa xa non falamos co veciño, nin coñecemos a xente que anda moi perto de nós.
O exemplo do tren a 350 km hora pode valernos pra reflexionar sobre a vida axitada das nosas cidades. Camiñamos sempre de presa, e facémolo case por imperativo da sociedade. E todo baixo o nome da modernidade. E compre lembrar que nin todo o moderno implica que traia un progreso equilibrado e racional. Un progreso máis humano que poña por diante á persoa, os seus valores e sentimentos. E fuxa da ambición desmesurada e cruel. En fin, a sociedade actual camiña a moita velocidade e faino maiormente considerando que somos números dunha estadística. Masa pra estudar e á que hai que venderlle un obxecto e convencela de que temos que andar a toda presa. Non importa o custo. Polo tanto, tomemos a vida con máis sosego, consumamos con racionalidade, falemos co veciño, racionalicemos, poñámoslle freo a tanta velocidade, e pode que, desa maneira, ate sexamos máis felices. Feliz Nadal e a ver se no 2026 ven cheo de cousas boas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La pesa del aizkolari
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 13 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 13 de marzo
SOLICITA UN ENCUENTRO
Rueda urge a coordinar la respuesta a la guerra