Manuel Herminio Iglesias
Venres negro
Xa todo estaba disposto. As luces iluminaban de mil cores as rúas e prazas das cidades. Ate no meu barrio do rural ourensá ó concello puxo unhas luces na entrada que serven para calquera festa do ano, pois o importante é facer que se fai, ou se o queredes mais fino: dar o pego. Pero si, todo estaba disposto pra ise Black Friday do ano 2025. Ise invento que os americanos nos mandaron e que nós como papanatas acollemos ser dicir ren. Sí, para que andemos mirando escaparates e piquemos nesas rebaixas encubertas que incitan ó consumismo acrítico, pouco reflexivo e polo tanto impulsivo.
Pois nin por casualidade lle chamamos Venres Negro, dado que preferimos seguir a copiar o que nos mandan dende o pais do Tio San. A verdade e que dende que Franco se aliou cos americanos permitindo poñer as bases, a cambio da leite en polbo, o queixo e uns vellos fusiles chamados Cement, todo foi mudando e agora somos uns copións do que inventan nos EEUU. Vivimos tempos onde todo se globalizou e a diversidade ideolóxica e cultural tamén. Polo que camiñamos cara un consumismo sen ningún tipo de miramento e culturalmente cara un monocultivo falando en termos agrícolas.
A verba que máis se escoita é: consumir o que o mercado demanda. Polo que non me extraña que agora uns rapaces que non viviron os anos desa leite en polbo, nin daquel queixo amarelo que viña en latas redondas, falen ben do Franquismo e descoñezan as súas miserias e a fame que se pasaba. Por eso din que non foi tan mala aquela época, e andan a branquear aquel tempo do “Generalísimo por la Gracia de Dios” Pois ben, dende aqueles anos non paramos de ser uns copións do que nos mandan dende os EEUU. Mellor, de copiar a maneira e a forma de vida que alí teñen como se fora un bo exemplo a seguir, pois soamente falta que podamos acadar e andar con armas de fogo sen ningún control. Ate algúns partidos políticos, onde están os patriotas de pulseira e bandeira furada sen escudo, din que hai que seguir as andanadas dun tal Trump. Pero, volvendo o motivo do comenzo, pregúntome por que somos tan belixerantes coas linguas propias que hai dentro do Estado, coa nosas formas de vida, e nin temos a habilidade de traducir tantos termos que veñen do inglés os nosos idiomas.
Supoño que calquera día aparecerá unha nova ocorrencia e inventarán outra carallada pra que nós a copiemos sen miramentos e a aceptemos como se fora un mandato divino
Vivimos un tempo onde todo camiña a moita velocidade e como non hai espazo para o pensamento reflexivo, cousa que se da máis na xente madura, camiñamos un tanto apapaostiados seguindo o que nos ven dese continente ó que tanto admira unha importante masa social.
Supoño que calquera día aparecerá unha nova ocorrencia e inventarán outra carallada pra que nós a copiemos sen miramentos e a aceptemos como se fora un mandato divino. Polo que de seguir ese camiño logo acolleremos cos brazos abertos a comida lixo, aceptaremos o sistema sanitario que alí todo é privado e seremos algo semellante a unha colonia ianquí do outro lado do atlántico. En fin, que somos, sen pretendelo, un chisco parvos, pois desprezamos o noso e aceptamos o que nos mandan dende o outro lado do charco. Que lle imos facer, non temos remedio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
Noite de xúbilo no Liceo de Ourense
descartan la moción de censura
El PSOE pide celeridad de la Justicia con Jácome
TRES SEMANAS SIN ENTRENAR
El COB, parquet y camilla