Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El PSOE de Ourense, al borde de la cremación
Sócrates é amigo meu, pero son máis amigo da verdade (Aristóteles). Os feitos non deixan de existiren só porque sexan ignorados (Huxley). Quen busca a verdade corre o risco de atopala (M. Vicent). O home é o ser que necesita absolutamente da verdade e, á contra, a verdade é o único que esencialmente necesita o home, a súa única necesidade incondicional (Ortega y Gasset).
Se prestamos atención aos políticos españois, pronto descubrimos o baixo nivel dialéctico e intelectual; catro anos de campaña electoral proferíndose descualificacións. O pobo desconcertado pensa, como dixera Don Quixote: A mentira é mellor canto máis parece verdadeira, e tanto máis agrada canto ten máis do dubidoso e posíbel.
En realidade a indiferencia que se comeza a sentir polas eleccións en varios países non é testemuño, nin moito menos, da perda de interese das masas pola vida política en xeral. Non é senón unha protesta contra a política, a desigualdade dos medios imperialistas, contra un sistema no que compiten na escena política partidos burgueses que non se diferencian, no fondo, os uns dos outros, xa que non representan senón a diversos grupos do capital monopolista. A desilusión das masas, o seu desengano da posibilidade de acadar a democracia que en certo modo frea a burguesía, néganse a daren apoio coa súa participación, as accións políticas dos imperialistas, constitúen un paso adiante polo camiño do espertade. A implicación dos grandes sindicatos neste organigrama capitalista é como o que dixo: mañá verémonos. Coa súa política de reformas laborais, sen opoñer resistencia imos de cabeza cara a escravitude por débeda, como na antiga Grecia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El PSOE de Ourense, al borde de la cremación
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Silencio por la niña de Brión
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Quiebra en la red de apoyos a Sánchez
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
A paz profunda
Lo último